Barreiros, 7 de xullo de 2013. O grupo municipal do BNG en Barreiros non acudiu ao acto de izado de bandeiras azuis que tivo lugar na mañá de hoxe nas praias barreirenses. Deste xeito os nacionalistas pretenderon amosar a súa disconformidade coa xestión que se está a facer dos areais, en particular, e dos recursos turísticos e o territorio, en xeral, neste concello.
Para o BNG “non é de recibo que se venda como un grande éxito a consecución dos galardóns concedidos pola ADEAC para as praias cando desde o concello non se está a facer ningún esforzo por xestionar este recurso dun xeito óptimo e cando o único que se fai é crear unha ordenanza que non aposta pola diferenciación turística, senón por importar un modelo de turismo masificado doutros puntos do Estado que nada aporta para Barreiros.”
Ademais, lembran os nacionalistas que nos dous últimos anos pediron encarecidamente con motivo deste acto “que se mudara a política de xestión do territorio (na valoración do acto das bandeiras azuis do ano 2011 solicitábamos que se dotase a Barreiros dun PXOM) e de desenvolvemento turístico e tentaron, desde o seu grupo municipal, facer propostas de medidas (como a promoción dos baños de setembro ou a inclusión de propostas de praias para mascotas e naturistas na recén presentada ordenanza de praias) que contribuíran á venda doutra imaxe de Barreiros e que o colocaran no mapa turístico galego e que foron ignoradas polo goberno municipal.” Polo tanto, entenden desde o BNG que “o goberno municipal sóbrase para levar adiante o seu plan de desenvolvemento turístico e do territorio e, desde logo, non coincide co do BNG. Polo que sería incongruente pola nosa banda participar dun acto no que non aportamos nada (porque non se molestan en escoitar as nosas propostas) e no que lexitimaríamos un modelo de desenvolvemento que non cremos beneficioso para o noso concello”, afirman os nacionalistas.
Pero ademais, insisten desde o BNG en que “parece que o modelo Barreiros tamén lle serve a ADEAC (o organismo privado que concede as bandeiras azuis), xa que o seu vicepresidente apurouse en parabenizar ao goberno municipal pola aprobación inicial da ordenanza de praias e en cargar contra o BNG polas súas propostas, utilizando argumentos pouco apropiados para un organismo que pretende venderse como imparcial e entrando no debate político con cuestións non de todo precisas. Tamén é significativo, afirman os nacionalistas, que no verán pasado cando houbo claras deficiencias no que se refire á hixiene, limpeza e servizos nos areais non se manifestou ao respecto”.
Polo tanto, desde o BNG, aínda que poden considerar positiva a obtención dos galardóns (no sentido da difusión turística que poden ter), cren que “o modelo do concello de Barreiros non é o máis adecuado para un concello coma o noso, que non se están a aproveitar correctamente os recursos e que o que procede é celeridade das institucións non para unha competición cos concellos veciños para ver quen consegue máis galardóns, senón para dotarnos dos instrumentos necesarios para unha xestión sostible do noso territorio e dos recursos turísticos, como sería un PXOM adaptado ás necesidades do concello.”



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



