Lugo, 12-7-2013.- O Grupo Provincial Popular advirte que José Ramón Gómez Besteiro a empregar traballadores dos concellos, provocando situacións irregulares.
“Trátase de empregados contratados para un fin determinado nunha área específica, destinados a outros traballos que non ampara o seu contrato”-manifestan os populares, quenes afirmaron que segundo informacións facilitadas, un traballador dun concello lucense foi contratado para a limpeza de rutas de sendeirismo na rede natura por unha subvención do Goberno Galego e atópase montado nun camión da Deputación levando a cabo tarefas de rebacheo.
O GPP aposta pola colaboración cos concellos pero afirma que ditas colaboracións teñen que facerse baixo unhas normas posto que de darse esta situación estaría producíndose unha irregularidade ou un presunto fraude posto que estaría desempeñando labores para as que non está contratado.
Os populares manifestan que no suposto caso de que o traballador sufra un accidente laboral, poderían darse problemas a efectos de cobertura.
O GPP asegura que estamos ante unha mostra máis da falta de control por parte da Deputación de Lugo e advirte, unha vez máis, que as cousas non funcionan no Ente Provincial, polo que instan a Gómez Besteiro a que baixe a tónica predominante de proxección pública e se poña a traballar nesta Administración, da cal é o máximo responsable.