Lugo, 12 de xullo de 2013. O voceiro do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista en Lugo, Mario Outeiro, respondeu este venres ás declaracións vertidas polo Partido Popular nas que acusan aos nacionalistas de que Xoán Antón Estúa está traballando en exclusiva para o BNG, dando por feito que este traballador está contratado como asesor da área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico.
Mario Outeiro confirmou a falsidade das declaracións dos populares presentando o documento, con data de 2 de agosto de 2011, no que se recolle o nomeamento de Xoán Antón Estúa García como administrativo con carácter de persoal eventual adscrito ao Grupo Provincial do BNG, e non á Deputación Provincial de Lugo como pretenderon dar a entender dende o Partido Popular. (Ver documento anexo).
No Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 23 de agosto de 2011 aparece reflectida esta información, a través do seguinte texto: “(…) esta Presidencia resolve: nomear con carácter de persoal eventual, coas condicións sinaladas no acordo plenario citado adscrito ao Grupo Provincial do BNG, para prestar as súas funcións ao Portavoz do Grupo Provincial do BNG, D. Mario Outeiro Iglesias, a D. Xoán Antón Estúa García”.
A este respecto, o portavoz nacionalista recordou que “o Grupo Provincial do Partido Popular conta, a día de hoxe, con tres administrativos adscritos na sede do seu partido e incidiu en que a contratación de todos os traballadores dos grupos provinciais se levou a cabo a partires dun acordo unánime entre os partidos representados no organismo provincial”.
Para o BNG “isto ou obedece a unha estratexia para crear unha cortina de fume para tapar o maior escándalo de corrupción da historia recente relativa os sobresoldos do Partido Popular e o caso Bárcenas ou é a demostración palpable da falta de traballo da voceira dos populares na Deputación de Lugo, posto que no Pleno Provincial do pasado mes de xuño xa se aclararan os termos desta contratación, a petición de Elena Candia”.
De seguir nesta liña de mentiras e falsas acusacións, “os nacionalistas vamos estudar a presentación de alegacións legais contra a campaña de difamación emprendida polo partido popular en contra dun dos traballadores do noso Grupo Provincial”, sentenciou Mario Outeiro.



















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



