Ribadeo, 24 de xullo de 2013. Este mércores 24 de xullo izouse a bandeira azul do porto deportivo de Ribadeo, conseguida un ano máis xunto coa Q de Calidade.
O presidente do Real Club Náutico ribadense, Ramón Acuña, sinalou que “para o Club Náutico é un orgullo conseguir un novo ano máis os dous galardóns, tanto a Q de Calidade coma a Bandeira Azul. O noso desexo é que continuemos así durante estes tres anos que veñen por diante e eu confío que, co esforzo e o traballo de todos, o Club Náutico de Ribadeo vaia cada día a máis e poidamos o ano que ven volver a estar xuntos izando estes novos galardóns”.
No acto de izado, que se desenvolveou no porto deportivo de Ribadeo, tamén estivo o alcalde, Fernando Suárez Barcia, que deu a súa noraboa “á directiva do Club Náutico de Ribadeo por ter conseguido outro ano máis a bandeira azul, unha das poucas bandeiras azuis dos clubs náuticos que hai en toda Galicia e, ó mesmo tempo, unha máis para Ribadeo, que se ven sumar á das Catedrais, á dos Castros-Illas, á de Esteiro e, o que é moi importante para Ribadeo e tamén para o Club Náutico, é que ademais temos un sendeiro azul que pasa precisamente por aquí, dende a Illa Pancha ata as Azeas e que é o segundo ano que o temos e que é un reclamo turístico de primeiro nivel”.
Suárez Barcia reflexionou sobre a importancia destes símbolos, que “teñen unha repercusión mediática moi importante porque nos obrigan a todas aquelas institucións que as pedimos a estar alerta en determinadas cuestións de seguridade, de limpeza, de medio ambiente, etc. Polo tanto, os meus parabéns para todos vos sabendo que isto é unha responsabilidade para seguir manténdoa, pero creo que Ribadeo ben merece este esforzo”.
Ó porto deportivo de Ribadeo acudiron, entre outros, varios membros da directiva de ACISA: Roberto Rivas e Mar Torviso; a patroa maior da Cofradía de Pescadores, Celia Pacio; representantes dos partidos políticos locais e a xunta directiva do Real Club Náutico de Ribadeo.
























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



