Cervo, 9 de xullo de 2013.- O Partido Popular de Cervo considera que o Colectivo Sanitario local debería pedir desculpas á Comisión de Festas e aos veciños de Lieiro polo desafortunado uso desta cita festiva para facer publicidade da campaña de sinaturas sobre o mantemento do cadro de persoal do centro de saúde de San Cibrao.
Os populares van aínda máis lonxe e aclaran que foi o marido dunha concelleira socialista –con ela diante- o autor das instrucións á orquestra e un dos encargados de situar os escritos de recollida de sinaturas nos chiringuitos das festas, algo que puido ver calquera veciño que asistira á festa. As manobras dalgúns dos seus integrantes evidencian a politización do Colectivo Sanitario.
O PP indica ademais que pese a que a verbena iniciouse entorno as 23.30 horas da noite -entre o sábado e o domingo pasado-, o aviso da orquestra tivo lugar minutos antes das tres da madrugada, “unha hora absolutamente estrambótica”.
Desde o PP consideran en que “nin era o lugar, nin era o momento, nin foi un comportamento axeitado, polo que causou certo malestar entre os veciños e asistentes á verbena”. Son moitos aqueles que rexeitan facer uso dunha festa e dun ambiente festivo para publicitar este tipo de campañas. Insisten en considerar que o colectivo “perdeu os papeis” e en asegurar que este mesmo convencemento é compartido por moitos dos colectivos que aínda non teñen abandonado o colectivo sanitario.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



