O PP mantivo unha xuntanza en Viveiro coa participación de cargos locaise autonómicos tiña como obxectivo presentar os procedementos que abre a nova modificación da Lei de Costas impulsada polo Partido Popular que plantexa ” a solución a aqueles problemas que estaban enquistados por algunha incorrecta aplicación dos deslindes e que non recoñecía a singularidade do sistema de asentamento tradicional de Galicia, non recoñecendo o modo de asentamento tradicional do litoral por parte dos galegos”.
Na Mariña serán preto de 1.000 construcción ás que se poderán beneficiar da aplicación desta nova lei mediante uns procedementos regulados na transitoria número 1 e que, fundamentalmente, teñen como obxectivo recoñecer a singularidade dos núcleos rurais galegos e dar solución a aquelas familias que dalgún xeito inxusto e, por causas alleas á súa vontade, por desaxustes administrativos se vían afectadas por unha situación que non promoveron. As súas construcción e bens estaban, en moitas ocasións, nunha situación de “limbo” á que o PP lle quixo dar solución. Iso foi o PP de Galicia que solucitou a modificación e que o PP, a nivel estatal, apoiou promovendo esta modificación.
Así, veranse afectados pola nova lei de Costas na Mariña lucense os seguintes núcleos:
| Concello | Nº de núcleos | Núcleos con +3% superficie afectada | Número de construcións afectadas | Construcións segundo
tipo de solo |
| Barreiros | 2 | Villadaide | 100 | Solo urbano 44
Solo rústico 53 Núcleo rural 3 |
| Burela | – | 92 | Solo urbano 52
Solo urbanizable 9 Solo rústico 31 |
|
| Cervo | 1 | Fontao | 123 | Solo Urbano 87
Solo Urbanizable 25 Solo Rústico 5 Núcleo Rural 6 |
| Foz | 5 | Cangas
Corredoira Fazouro Nois |
141 | Solo urbano 23
Solo Urbanizable 41 Solo Rústico 13 Núcleo Rural 64 |
| Xove | 3 | Portocelo | 92 | Solo Urbano 1
Solo Rústico 83 Núcleo Rural 8 |
| Ribadeo | – | 137 | Solo Urbano 65
Solo Rústico 72 |
|
| O Vicedo | 6 | Abrela
Corva Gandara San Roque Poceira Pazo Sisto Suavila Vicedovello |
170 | Solo Urbano 32
Solo Rústico 96 |
| Viveiro | 2 | Cristo da Trabe
Engrobias Trabe Portochao |
253 | Solo Urbano 68
Solo Urbanizable 8 Solo Rústico 167 Núcleo Rural 10 |


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



