Ribadeo acollerá o Obradoiro ALMUsical os días 5, 7, 12 e 14 de agosto dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos de cara a que coñezan e aprendan os aspectos esenciais da súa linguaxe, historia ou composición da man de Daniel Borja Durán Alonso. A metodoloxía basearase na presenza da música empregando como repertorio a tradicional. As cinco horas do obradoiro dirixido a nenos e nenas de 5 a 7 anos dividiranse nas catro sesións con horario de 10:30 a 11:45 baixo un prezo de inscrición de 30 euros. Pola súa banda, o dirixido a rapaces de entre 8 e 10 anos repartirán as seis horas nas catro sesións en horario de 12:00 a 13:30 cun prezo de inscrición de 36 euros. O mércores 14, coincidindo coa clausura do obradoiro, realizarase a entrega de diplomas no salón de actos da Casa do Mar a partir das 20:30. Máis información nos teléfonos 982 129 174 – 646 837 979 ou a través do correo electrónico: almutrompa@yahoo.es.






















O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



