CERVO, 1 DE XULLO. Os socialistas de Cervo presentaron esta mañá unha solicitude no Concello para coñecer as bases que regularon o proceso selectivo para a concesión das bolsas do Plan de Emprego Xuvenil, “pedimos unha copia das bases así como se poña á nosa disposición o expediente do proceso para a súa consulta”.
Os medios de comunicación xa publicaron a concesión das primeiras bolsas e nós non vimos publicado este proceso de maneira oficial, “temos preguntado por ditas bases e mirado no taboleiro de anuncios pero en ningún caso obtivemos resposta. Foinos totalmente imposible comprobar oficialmente tódolos requisitos e o proceso de selección, coma nós serán moitos os veciños que tampouco se enterasen deste proceso”.
Dende o GMS din que “só temos coñecemento de que se expuxo certa información no facebook do Concello. Parécenos correcta a utilización das redes sociais como complemento ás vías oficiais de información pública, pero en ningún caso pode ser un substituto. Todo proceso de selección levado a cabo por unha institución debe seguir un cauce reglamentario que botamos en falta”.
Os socialistas agradecen de antemán que “se nos facilite toda esta información e esixen que nas vindeiras ocasións se actúe con máis transparencia”.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



