Burela, 1 de xullo de 2013. O próximo 10 de xullo a partir das nove da noite actuará na Casa da Cultura de Burela o violinista de orixe libanés e concertino da orquestra sinfónica de Madrid, Ara Malikian. Poderase escoitar a este violinista de nivel internacional e recoñecido prestixio, que se encontra estes días de xira por Galicia, polo simbólico prezo de 10 euros.
O alcalde, José Mª González Barcia, declarou que “para nós é unha enorme satisfacción poder contar en Burela cunha figura do nivel internacional de Ara Malikian. Tendo en conta a calidade do músico, se fixará un prezo para a entrada, que consideramos simbólico, de 10 euros”.
O concerto de Ara Malikian completa un amplísimo programa de actividades musicais, xunto co curso de música interdisciplinar, o estreo da peza musical A viaxe de Brandan este venres, que coincide coa festa castrexa, e o curso de jazz que se celebrará a mediados deste mes. Como o rexedor comenta “este é un mes de gran intensidade polo que á música se refire”.
O rexedor agradece “o esforzo que se está facendo dende a Escola Municipal de Música de Burela para incrementar o nivel tanto do ensino musical como das actividades que ó redor da música se realizan. Queremos agradecerlle tamén, de forma especial, á Asociación de Usuarios da Escola de Música de Burela (ASUEMBU) pola súa colaboración e predisposición sempre para colaborar co Concello á hora de organizar distintas actividades de carácter musical”.
Por último, destacar a intención do Concello de Burela de “seguir traendo no sucesivo figuras da importancia e do nivel de Ara Malikian, sempre que as circunstancias económicas o permitan”, dixo González Barcia.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



