Aínda que a expresión que dá orixe a esta pequena reflexión ten aparencia de redundancia, encerra dous conceptos totalmente diferentes. De feito pode haber, tamén, un bo médico malo e un mal médico bo. O bo médico é aquel que ten os coñecementos e as destrezas necesarias para atender os problemas de saúde curativa e preventiva. En xeral é iso o que perseguen as escolas de medicina e os sistemas de acreditación de especialistas: a formación de bos médicos. O médico bo caracterízase por calidades fundamentais, entre outras: humanidade, compaixón e amor.
Malia as modificacións que xurdiron no exercicio da medicina actual, segue sendo válido o concepto que expresou na idade media o médico e filósofo judeo-español, o rabí Mosé ben Maimón, máis coñecido co nome de Maimónides: A medicina é algo máis que unha ciencia ou unha arte, é unha misión totalmente persoal”. Isto significa que a profesión de medico segue sendo a ciencia e a arte creados para aliviar o sufrimento.
Todos temos claro que o médico necesita coñecementos teóricos e habilidades prácticas para exercer a medicina con eficiencia. O médico ten a obrigación ética de adquirir unha preparación suficiente en calidade e en cantidade para brindar o mellor ao seu paciente. Mosquera adicou os dous ultimos anos da sua profesión a medicina de familia, logo de dirixir hospitales e de exercer como politico.O maior incremento resolutivo do médico de familia, co obxectivo de cubrir as expectativas do cidadán, leva aparexada unha maior valoración do papel que representa e o impacto no seu contorno. Esta maior dimensión da figura do médico de familia conlleva unha maior capacidade de xestión e de control de calidade das súas actividades, funcións e procesos.
Pero hai algo do que nas Facultades de Medicina aínda queda moito por facer e desenvolver, que é o ensino como médico humanitario, para facer que os futuros médicos non só o sexan, senón que tamén se sintan médicos, porque como decia o filosofo “non é mellor médico o que máis coñecementos ten, senón aquel que máis mellora o sufrimento dos seus pacientes”.
Otero Regal.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



