O prazo para solicitar as vacacións do Imserso permanecerá aberto ata o vindeiro 12 de xullo, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais de Burela. Os requisitos que debe reunir os interesados en participar neste programa son: ter como mínimo de 65 anos cumpridos, ser pensionistas de xubilación do Sistema Público de Pensións, ser pensionista de viudedade con idade igual ou superior aos 55 anos ou ser pensionista de invalidez doutras pensións ou prexubilados e ter en todos estes casos os 60 anos cumpridos. Aínda así, a concelleira Diana Durán aclarou que “estes requisitos de idade e pensión non serán precisos para o cónxuxe que viaxe co solicitante. Tamén se admitirá como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que realice o viaxe cos seus pais”. Para máis información ou para realizar o trámite, ”os interesados deberán dirixirse ós Servizos Sociais Municipais, sitos na Casa do Concello, en horario de 8 a 15 horas de luns a venres”.
Aberta a inscrición para as vacacións do Imserso