Os ribadenses Remakers presentan o seu novo traballo no que seguro que vai ser un dos concertos do verán e que se celebrará este sábado 20 de xullo ás 22:00 horas no Teatro de Ribadeo. A entrada terá un prezo de 2 euros ou será de balde para aqueles e aquelas que merquen o seu CD, “Semillas”, por un prezo de 10 euros.
