Os Sendeiros de Foz desprazáronse á xuntanza de sendeirismo das Mariñas en Orro, na fermosa cidade de Cambre, onde só participaron 21 sendeiristas nesta ocasion. Fixeron unha ruta duns 15 km e despois dun xantar en compañía dos demais participantes, baixo un sol impresionante, varios sendeiristas foron atendidos polos servizos sanitarios debido aos 35 graos de temperatura que tiveron que soportar, pero sen maiores complicacións.
