Ribadeo, 12 de xullo de 2013. A Concellaría de Servizos Sociais segue a cumprir prazos co banco de préstamo de libros de texto. Os interesados en beneficiarse desta iniciativa teñen ata o 19 de xullo para realizar as solicitudes formais e presentar a documentación correspondente.
Segundo explica Teresa González Piñeiroa “o único que teñen que facer é pasarse polas mañás polos Servizos Sociais no auditorio municipal de Ribadeo a cumprimentar toda a documentación. A nosa intención é entregar xa eses libros de texto entre o 22 e o 26 de xullo para que despois as familias fagan os seus cálculos e saiban qué libros precisan mercar e cales non de cara ao inicio do vindeiro curso 2013/2014”.
Este banco de préstamo de libros de texto comezou a súa andadura a finais do pasado mes de xuño. Todas as persoas que quixeron acudiron a deixar os seus exemplares entre o 21 de xuño e o 5 de xullo, “e desde día 5 e ata o 19 de xullo é o prazo que teñen as familias para presentar as solicitudes formais e así beneficiarse desta campaña”.























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



