Ribadeo, 15 de xullo de 2013. Este luns 15 de xullo presentouse a primeira dunha serie de exposicións que se celebrarán no forte de San Damián ao longo do verán. Tod@s somos 016, do mindoniense Fernando Vilariño, aborda a igualdade e a violencia de xénero. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 28 de xullo.
Na presentación estivo a concelleira de cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, que sinalaba que “a exposición do artista mindoniense Fernando Vilariño que imos ter no forte de San Damián dende o este luns ata o día 28 de xullo poderase visitar en horario de 12:00 a 13:30 horas da mañá e de 18:00 a 20:30 da tarde, todos os días, tanto da semana como os festivos”. Polo tanto, convida a “todas as persoas a que se acerquen por este entorno do forte de San Damián, tanto ás que nos visiten ao longo destes días como á xente da nosa vila, para que acuda ao forte a ver o seu entorno pero, como non, a contemplar esta obra que está moi relacionada coa violencia de xénero e coa igualdade. Trátase dun tema que dende o Concello de Ribadeo estamos traballando e potenciando entre toda a cidadanía ao longo de todos estes últimos anos e isto é un enclave máis, atopar un artista como Fernando que vincule unha parte da súa obra artística a este tema relacionado coa sensibilización en materia de igualdade. Para nós será importante, cando máis sendo un artista da Mariña, próximo e preto, dar a opción de que todas as persoas que o desexen participen nela e gusten da visita”.
O artista, Fernando Vilariño, agradeceu “a disposición que tivestes no Concello para deixarme expoñer porque hoxe en día é complicado ter un sitio onde facelo”. Presentou a obra destacando que o tema central é a violencia de xénero, xa que “agora mesmo estamos sufrindo as consecuencias, por desgraza, e vin a oportunidade de poder mostrar e sensibilizar un pouco á xente co que está pasando porque parece que se pasa un pouco por alto e día a día, unha noticia e outra noticia, e aportar o meu grao de area, como fixen, para que calquera poda aportalo tamén á causa”.
No referente ás cinco esculturas da parte da exposición dedicadas a esta temática, o artista mindoniense explicou que “retratan a miña forma de velo: a unidade familiar un pouco de costas, a unidade máis alta e máis pequena son como os proxenitores e onde xorden as consecuencias é no medio, que son os nenos. Cada peza reflexa un sentimento sempre persoal, meu, non quero dicir que isto sexa así, pero eu síntoo así. Entón reflectir o medo, a vixilancia que teñen as vítimas, as secuelas que quedan, as ataduras, plasmar o sufrimento, a escravitude na que están sometidas as persoas e máis que nada, neste caso, tamén os danos psicolóxicos que quedan e perduran no tempo”. Como sinalaba, en dúas das súas figuras reflicte “o rexeitamento dun corpo menor a un corpo maior, dunha forza menor a unha maior xa que sempre hai unha loita desigual nestes casos, tanto mental como física”.
Nas dúas últimas esculturas da serie, Vilariño deixa plasmadas “as pegadas da violencia e do maltrato, que perduran no tempo igual que un golpe nunha pedra. O tráxico final xa é bastante visual, esa vida escravizada, esa vida atados a ese medo, a ese opresor, entonces reflectino así, máis visual, unha cousa que choca máis. Ese é o tema central, pero completo a exposición con un pouco de traballo máis comercial, arte e decoración”. Por último, agradeceu “unha vez máis a oportunidade que me dades porque para min é moi importante e tamén para o meu equipo de traballo, aos que tamén lles quero agradecer o seu esforzo porque a min solo seríame imposible, todos fomos importantes neste traballo. Moitas grazas pola oportunidade que me dades”.
Esta é a primeira vez que Fernando Vilariño expón en Ribadeo. A exposición inaugúrase no forte de San Damián ás oito da tarde deste luns.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.