CADERNOS DA VIAXE. É cedo de máis para calquera conclusión definitiva a respecto do complexo causal que xerou a catástrofe da curva d’A Grandeira. Mais as decisións adoptadas nos últimos días por ADIF e RENFE e as caixas negras son ben elocuentes. Semella que existiu,si, un erro humano, mais este erro humano nunca xeraría por si só o accidente se a seguranza do comboio e do camiño de ferro fose a axeitada. En último de contas, co moderno sistema europeo ERTMS o accidente non sería posíbel porque o sistema frearía o tren.
Como explicarmos, se non é así, a decisión de ADIF de activar axiña un complexo sistema, recomendado polos expertos que conforman a Comisión ministerial que pescuda o accidente, de freado automático na curva cando a velocidade sobarde os 60 kms/h e o maquinista non actúe.
A decisión é asisada. Mais chega tarde. Cando abrollou xa a convicción de que os Gobernos de Aznar-Cascos, ZP-Blanco e Rajoy-Ana Pastor aforraron en seguridade. Como se Galicia non precisase, por algunha estraña causa, da seguranza integral que desfrutan os AVES a Valladolid, Valencia, Sevilla ou Málaga.
Velaí a razón do nerviosismo dos Presidentes de ADIF e RENFE ao acusar en exclusiva ao maquinista Garzón. Este enfrontará un proceso penal no que, sen prexuízo da súa presunción de inocencia, aparecen pegadas dun comportamento irregular que podería ser constitutivo de delito. Mais o dos Presidentes de Adif e Renfe é de puro cinismo político. Non poden seguir un día máis en cadanseus postos.
Os Gobernos do PP e PSOE toleraron unha seguridade desaquelada no traxecto. E un erro humano puido facer o resto, cando o sistema estaba pensado para que a vida dos pasaxeiros non estivese exclusivamente nas mans do maquinista Garzón.
A ARRINCADEIRA: LÁSTIMA DE BOIS.
A Coruña coñeceu unha feira taurina absolutamente orfa de seareiros e unha demostración cidadá a prol da súa cancelación que sobardou os límites de determinados colectivos animalistas ou partidos da esquerda nacionalista para acadar unha transversalidade social, xeracional e interclasista. Pódese admitir a subvención encuberta de 90.000 € do Concello a este espectáculo? É admisíbel manter na Lei de protección aos animais de Galicia a taurina licenza para matar?
Xoán Antón Pérez-Lema


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



