A Mariña, 5 de agosto de 2013. O Bloque Nacionalista Galego da Mariña denunciou na xornada de hoxe a decisión do goberno do Estado de modificar o actual marco tarifario coas consecuencias que o mesmo ten para as familias e particulares que verán como van ver aumentado a súa factura eléctrica pero tamén para o tecido empresarial galego, e de xeito moi particular para aquelas compañías que se agrupan entre os grandes consumidores eléctricos, que no caso da Mariña afecta de xeito directo a factoría de Alcoa.
Segundo lembrou Ana Ermida, Portavoz do BNG da Mariña, “o PP baixo a escusa do déficit tarifario, volve a subir o prezo da luz, cando nos últimos cinco anos xa tivo un incremento dun 60 %; mais nunca o Goberno explica como podemos ter unha das tarifas máis caras de Europa e non ser dabondo. A realidade é que temos un sistema eléctrico complexo e opaco que, por decisións políticas, é un caixón de xastre; onde hai toda unha serie de partidas que se trasladaron á tarifa cando deberían estar nos Orzamentos do Estado como calquera outra política industrial: moratoria nuclear, primas renovábeis, extrapeninsulares, só nestes tres capítulos falamos duns 10.000 millóns ao ano. Esta medida permitiría ter unha tarifa eléctrica máis baixa e, ademais, sería máis xusta socialmente, pois os orzamentos dótanse das achegas -teoricamente progresivas- das rendas e, no modelo actual, cando se cobra vía tarifas estase penalizando ás rendas máis baixas. Mais tamén habería que actuar nas fixación de prezos das diferentes tecnoloxías, dado que agora retribuíselle a todas por igual e sempre o valor da máis cara en cada banda horaria para satisfacer a demanda. Non entanto, existe un diferencial de até o 600 % entre os custos dunha tecnoloxía a outra, non ten nada que ver producir con auga a facelo con gas, porén perciben o mesmo”.
A Portavoz Nacionalista expresou a súa preocupación polo escenario que “os populares están a crear na Mariña, tanto entre os particulares como no sector industrial con esta nova modificación do marco eléctrico. Non é de recibo que o Ministro Soria non sexa quen de garantir un modelo nin durante seis meses o que xera unha situación de inseguridade xurídica, cos riscos que provoca en empresas como Alcoa. Non podemos esquecer que a factoría de San Cibrao é rendíbel contando cun marco tarifario sustentado na interrumpibilidade, noutro caso a factoría de San Cibrao atoparíase noutra situación, posto que non podemos esquecer que no caso de Alcoa o 40% dos seus custes de produción son a electricidade. Independentemente da resultante final o que é innegábel que co novo marco tarifario as marxes de beneficio do complexo de San Cibrao van reducirse, porén non é tolerábel que a empresa pretenda manter os mesmos a base de recortes salvaxes no poder adquisitivo como pretendía no anteproxecto de convenio que rexeitaron os traballadores na semana pasada”.
Os nacionalistas da Mariña criticaron que “esta decisións dos populares só responde a lóxica de afogar economicamente a familias e ao sector industrial en beneficio das grandes empresas eléctricas, decisión aínda máis grave no caso de Galiza que coa reforma do sector eléctrico preténdese que teñamos tarifas máis caras polo feito de termos impostos propios a esta actividade económica, favorecendo así a comunidades como Madrid, totalmente deficitarias en produción. Por iso, a reivindicación dunha tarifa eléctrica galega, máis baixa, é de total xustiza; tanto para beneficio da nosa poboación como para impulsar o tecido industrial. Se na actual tarifa xa facemos unha achega solidaria para sufragar os custos extrapeninsulares (1.800 millóns este ano) tamén debe existir unha discriminación positiva para que en Galiza saquemos proveito da nosa especialización. En todo caso sería de agradecer que o PP da Mariña vai seguir exercendo como o neno obediente ás ordes que lle chegan de Madrid ou na contra vai denunciar esta decisión que grava de xeito negativo aos mariñaos e ás mariñás”.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



