Lugo, 9 de agosto de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, inaugurou, xunto con Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, a exposición na que se recollen os proxectos desenvoltos polos creadores que participan na Residencia II do programa Estudio Aberto, un programa que se organiza no marco do proxecto Enredarte. A mostra estará aberta ao público, na sala de exposicións do Pazo de San Marcos, ata o vindeiro 25 de agosto.
Mónica Trastoy, Xosé M. Luque, Eva Cruz, Edurne Herrán, Paz Vicente, Cristóbal Tabares e Ro-Ro foron os artistas seleccionados para esta segunda residencia, que durante dúas semanas levaron a cabo as súas creacións, na propia sala de exposicións, convivindo nun proceso de creación dialogada a través dun taller conxunto e aberto.
Durante a súa intervención Antonio Veiga explicou que “coa posta en marcha deste programa a área de Cultura da Deputación ofrece unha plataforma artística para creadores de distinto carácter e de diversas disciplinas. En definitiva, un estudio aberto tanto para a sociedade como para outros artistas, así como críticos, comisarios e expertos neste eido”.
Estudio Aberto insírese dentro do macroproxecto Enredarte, unha iniciativa multidisciplinar, aberta que supón unha oportunidade tanto para novos creadores como para artistas xa consagrados, creando unha simbiose moi proveitosa. É un proxecto que abrangue cinco iniciativas que se desenvolven, durante este 2013, nos catro museos da Rede Museística, a Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e o antigo Hospital de San Xosé.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



