Tempo de Naseiro, miles de persoas desprazadas ás fermosas paraxes do Val do Landro, disfrutan da gran Romaxe do Bo Xantar. Centos de galpóns, de madeira e plástico, estruturas metálicas e casetas de obra, enchen a romaxe, froito da arquitectura popular de mozas e mozos, e non tan mozos, construídas para pasalo ben, e vivir con toda comodidade os cinco días da festa.
O Porto Deportivo de Viveiro, sumouse este ano á romaxe, instalando ao tempo que os romeiros construían as súas mesas, unhas grandes casetas de obra a todo luxo(saneamento, aire acondicionado, auga e luz eléctrica), que por desgraza para Viveiro, todo parece indicar, non desaparecerán canto remate o Naseiro.
Lembro, as críticas e acusacións continuas do Partido Popular, ante a xestión municipal do goberno socialista no Porto Deportivo, xestión que non era boa, e que é evidente que había que mellorar. A decisión unilateral de Portos de Galicia de retirarlle a concesión ao Concello de Viveiro, sen ter en conta a opinión das veciñas e veciños, nin dos usuarios, levou consigo a aparición de casetas de obra, para atención a usuarios e visitantes, na zona de acceso ao porto.
Unha vez usurpado o edificio construído polo Concello de Viveiro para a Garda Civil do Mar, e destinado a edificio de servizos do Porto; novamente sen autorización das veciñas e veciños de Viveiro, nin do Concello, propietario do mesmo. Todo parecía indicar que por fin, as casetas de obra desaparecían para sempre.
Pero coa chegada do Naseiro, sufrimos o regreso do galpón, a todo luxo, con valado incluído, non sabemos moi ben para que, posto que ninguén nos informou sobre o tema, nin Portos nin o “Goberno Municipal”. Novamente, a imaxe da nosa cidade, se ve deteriorada pola acción dunha administración allea. A sensación de temporalidade e improvisación permanente sobre o Porto Deportivo, que debera ser unha referencia náutica no norte galego, supón un lastre para o desenrolo de Viveiro.
Portos de Galicia, quen autoriza esta instalación, co apoio silencioso do Partido Popular de Viveiro, xunto co constante despropósito que supón a situación de posguerra do muelle vello, continúa a facer un dano irreparable no noso Concello. É preciso, como xa reivindicou o Bloque Nacionalista Galego, un acordo de todos que poña fin a esta situación.
Nós, veciñas e veciños de Viveiro, non podemos mirar cara a outro lado, temos que esixir solucións, e demandar a retirada inmediata das casetas de obra do Porto Deportivo. Así o faremos.
Bernardo Fraga, portavoz municipal do BNG de Viveiro.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



