O CD Burela FS Pescados Rubén presentou oficialmente a Bea Mateos, xogadora internacional que reforza o equipo campión de Liga e Copa. O presidente do club, Manuel Blanco, e o directivo Ángel Fernández acompañaron á deportista salmantina na súa presentación oficial.
A nova xogadora laranxa manifestou que aceptou a oferta laranxa “sen dubidalo. O Burela sempre é un equipo competitivo e fichar polo campión de Liga e Copa é un orgullo”. O conxunto mariñán defenderá as súas coroas nunha tempada “complicada xa que seremos o equipo a bater. Somos conscientes que é difícil repetir os éxitos pero temos un equipo solvente e seremos competitivas”. Respecto de os rivais na loita pola Liga Bea Mateos destaca “ao Alcorcón que se reforzou moi ben e ao Atlético de Madrid que sempre está na pomada”.