Foz, 6 de agosto de 2013. O vindeiro venres, 9 de agosto, a banda de música municipal de Foz celebra o seu 20 aniversario cun concerto especial, no que actuarán tanto compoñentes actuais como antigos.
O fundador da banda de música municipal de Foz, Arcadio Mon, explicou que o concerto vai consistir “en celebrar os 20 anos que facemos agora polas festas de Foz, cando dimos o primeiro concerto no 1993. O que vamos tratar é de tocar case a mesma música que fixemos por aquel entón e recuperar tamén moitos músicos que tocaban naquel momento. A parte, tamén sacamos unha revista conmemorando un pouquiño o acto con fotografías destes anos e con entrevistas, tamén recollemos o punto de vista dalgunha persoa interesante de Foz, coas súas opinións sobre a banda, sobre a importancia que ten culturalmente no pobo… O concerto vai a ser moi especial porque vai recordar sobre todo a música que facíamos naquela época”.
Os 30 compoñentes actuais da banda estarán acompañados nese día de ó redor de dez anteriores integrantes. Segundo sinala Mon, “a banda foi crecendo, empezamos pouquiños, sobre 20 ou 25, e despois foi crecendo cada vez máis, chegando a ser 50 nalgún momento, aínda que agora baixan un pouco. Todas as asociacións ou os grupos así teñen momentos de máis auxe, volven baixar un pouco, pero a banda sempre tivo sobre 35 ou 40 membros”.
Como balance destes 20 anos, o músico di que “para a banda e, sobre todo, para o pobo de Foz, eu creo que é moi positivo, porque penso que para unha vila coma esta ter unha banda de música, coa tradición que había aquí, que era practicamente cero musicalmente, sobre todo en bandas de música, eu creo que é moi positiva. E tamén para os nenos, para a xente, para min e para todos os compoñentes da banda”.
Arcadio Mon invita á xente ó concerto do día 9 porque nel, “os de agora van escoitar un concerto un pouco distinto, moi festeiro, porque como estamos de festa tamén queremos celebralo e vamos a tocar música bastante alegre, porque non queremos poñernos con obras moi tristeiras. Que vaian alí porque recordaremos os tempos pasados, haberá algunha sorpresa e penso que pasaremos un rato moi agradable unha hora moi agradable”.
O concerto terá lugar o vindeiro venres, 9 de agosto, a partires das 20:30 horas no patio do colexio nº 1. O acto conta coa colaboración da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos e do Concello focense.
























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



