O pasado martes, despois da inauguración da Feira de Libro, tivo lugar a presentación do libro “Dende Mañá” de Jaime Oroza e Otero Regal, no recinto do certame, no que asistiron unhas 50 persoas tanto de Viveiro, como da comarca de A Mariña.
No transcurso do acto, presentado por Otero Regal, recordou como coñecera a Jaime Oroza, fai 35 anos, e as suas andanzas conxuntas no xornal “Badal” e noutras actividades.
Lembrou tamén que desde “Il Gato Pardo”, se fundara unha editorial onde se editaron dous libros: “Los dueños del paisaje son los niños” de Alberto Zurdo e “Selagre” de Monchete, o terceiro libro iba ser o de Jaime Oroza pero quedou frustrada a edición.
Fai uns tres anos volvemos a “iniciar” a iniciativa que deu fruto a unha ediciòn do libro, na que solo se editaron 37 exemplares que se esgotaron en tan solo cinco días.
Xusto a raiz disto, xurde esta edición ampliada, en blanco e negro, con algúns debuxos novos, case 300 exemplares. Está á venta nas librerias da zona, e tamén se poden pedir a traves do correo electrónico ceramica@oteroregal.com.
Este domingo 18 de agosto, na Praza do Conde de Fontao, na feira do libro de Foz, presentarase as 21 horas.
Presentación de Jaime Oroza e Otero Regal
Que é poesía de JAIME OROZA CARBALLO, poesía é máis que palabras, oracións e rimas. Poesía é falar co corazón na man, poesía é expresar os sentimentos ao máximo, facer que a corrente de sentimentos se apodere do teu corazón, facendo que aos poucos a túa pluma se mova mais rápido e faga que as palabras non señan palabras, señan sentimentos e fagan sentir a quen as lee o sentimento que transmites ao papel; o papel que absorbe todo, que xentilmente se presta como medio para ben ou para mal, ese, o que podes borrar e borrar pero sempre deixarás unha mancha. Pero a poesía non está escrita en papel, está escrita no corazón de quen a escribe e de quen a lee, e deixa pegadas nos corazóns, tanto ou máis que no papel, os corazóns son como unha folla de papel, escríbense historias e déixanse recordos, escríbense promesas e déixanse angustias; aliméntase de palabras, facéndoo máis grande cada vez que lle din un quérote, cada vez que lle fan palpitar con forza. A poesía nace e medra de dúas formas, cando estás moi feliz tan feliz que pensas que non estás nese momento, ou cando estás tan triste que queres esquecer os amargos recordos. Así o logro, deixando que o suave papel se impregne de sentimentos e causen un raro efecto en quen o lee.. porque o papel sempre será papel e os sentimentos sempre se farán poemas…
O FACEDOR DE ESTAMPAS E SANTOS……Eso é o que é un ilustrador de libros…..
COMO O FAIGO:
Escribir un libro pode ser moi divertido e pode aportar a creatividade é a alegría ás vidas de quen teñen a sorte de atopar o tempo, a habilidade e enerxía para crealo. Con todo, o que ilustra un libro pode ser igual de atractivo, sobre todo si ten un instinto para a arte visual e as imaxes.
– Sempre pasar o tempo co autor do libro que vai ilustrar. Si é posible asegurarse de que as súas reunións se lean a cabo cara a cara, e isto daralle unha gran oportunidade para aprender máis sobre o escritor e a súa visión para o libro. Atopará que dá a o ilustrador, e o escritor, a confianza no proxecto.
-. seguir proporcionando bocetos como completar un proxecto. Isto permite que o escritor poda ver como o proxecto está avanzando e tamén significa que calquera cambio que queiran facer dunha ilustración pódese facer durante a fase de redacción, o que lle aforra unha chea de tempo e enerxía.
-. Sempre lea a totalidade do libro, e si é posible, lea algunhas das historias que o escritor escribiu antes (si é aplicable). Non basta con centrarse nas seccións que vostede necesita para proporcionar ilustracións.
-. Asegúrese de que as súas ilustracións axudan a levar a historia á vida – están aí para realzar a historia e engadir outra dimensión á historia – o que significa que as escenas deben ser máis emocionantes que simplemente mostrar visualmente o texto. Pense en como se pode engadir a unha parte determinada da historia a través dos seus debuxos.




















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



