O CD Burela FS Pescados Rubén e Galipizza&Cia asocian a súa imaxe co patrocinio do equipo feminino, actual campión de Liga e Copa da Primeira División da RFEF.
O presidente do club burelés, Manuel Blanco, e o xerente de Pizzbur Franquicias, José Manuel Vázquez, selaron o acordo nas oficinas da entidade laranxa e presentaron o equipamento da nova tempada. Manuel Blanco agradeceu o compromiso “co deporte de José Manuel Vázquez e a súa aposta polo equipo feminino que exercerá de embaixador da famosa Galipizza”. Pola súa parte, José Manuel Vázquez comentou que “é un orgullo colaborar con unha entidade coma o CD Burela FS Pescados Rubén que representa fantasticamente A Mariña por toda España. Consideramos que, nestes momentos, o equipo feminino é o soporte publicitario idóneo para Galipizza. Estamos en fase de expansión e sumarnos a este proxecto reforzará a nosa imaxe de marca, sen dúbida.”
Galipizza&Cia. Desde A Mariña, con sede en Viveiro e Ribadeo, Galipizza comezou a súa expansión coa súa nova casa en Culleredo (A Coruña) que recibiu con fervor e entusiasmo esta nova e deliciosa visión da pizza. Galipizza basea o seu éxito na calidade da materia prima de Galicia, para fusionala con novos productos presentando sabores orixinais que demostran a variedade e riqueza dos produtos autóctonos. Descubre o mundo da auténtica pizza galega en: www.galipizza.com.