Burela, a 10 de agosto de 2013.- O Partido Popular de Burela manifestou este sábado, a través do portavoz da Agrupación Local, José Luis Lois Losada, que “unha Deputación sectaria coma a de Lugo non pode nin debe criticar e opoñerse a que o concello de Burela conte un ano máis cun obradoiro de emprego”.
Lois Losada considera “inaceptables” as declaracións de Lara Méndez e Pilar García Porto. Estas deputadas fixeron as referidas manifestacións ante a concesión de obradoiros de emprego por parte da Xunta.
“Resulta lamentable, manifestou Lois Losada, que unha deputada provincial pola Mariña, coma Lara Méndez, se atreva a criticar que Burela conte de novo con obradoiro de emprego. E resulta lamentable por un doble motivo: porque Burela merece ese obradoir de emprego e porque a Deputación non é capaz de poñer en marcha un novo Lugoemprega coma o que houbo en 2011, eso sí, en época electoral.”
O portavoz popular manifestou que “a consecución dun obradoiro de emprego require axustarse ás bases da convocatoria e polo tanto require dun traballo do equipo de goberno; e eso foi o que se fixo no caso de Burela, conxuntamente con Cervo e Xove: traballar e xestionar. Poder formar máis desempregados e enfocalos para buscar acceso ó mundo laboral é labor prioritaria dun goberno municipal, e o goberno burelés do PP así o está a facer. E debería ser labor prioritaria da Deputación, que destina cero euros a políticas activas de emprego”.
O portavoz popular de Burela afirmou que “o goberno popular burelés fixo un bó traballo e unha mellor xestión para conseguir un novo obradoiro, poñendo en práctica a coordinación e cooperación entre concellos; e eso parece ser que non lle gusta á Deputación do Sr. Besteiro. A Deputación bipartita debería en todo caso promover políticas activas de emprego, e colaborar cos concellos a tal efecto, tal e como vai facer a Deputación de Pontevedra”.
José Luis Lois Losada engadi que, “ante as declaracións de Lara Méndez e García Porto, desde o PP esixímoslles ós socialistas de Burela que digan públicamente se están de acordó con tales manifestacións. Se calan, entenderemos que están de acordo con elas e polo tanto non desexan que Burela conte con outro obradoiro de emprego”.
O popular pídelle ó deputado Alfredo Llano que xestione ante o seu xefe, o Sr. Besteiro, que poña en marcha outro Lugoemprega, para así poder colaborar cos concellos á hora de fomentar o emprego. “En todo caso, Lano debería meditar seriamente sobre a súa continuidade na Deputación, xa que vemos que non está a defender a Burela precisamente, permitindo que compañeiras súas faigan as declaracións que fan”, finalizou Lois Losada.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



