CADERNOS DA VIAXE. “The Economist” ven de nos advertir da intensidade do proceso de concentración financeira na Europa periférica. Dende finais do 2009 as 53 bancos e caixas españolas ficaron reducidas a 12 entidades e Italia enfronta un proceso semellante. Os pequenos e medianos sofren graves problemas de capitalización a respecto do BBVA e Santander que, ao tempo, medran en depósitos repregándose do negocio minorista e, xa que logo, restrinxindo aínda máis o crédito ás pequenas e medianas empresas.
O oligopolio financeiro leva indefectíbelmente á exclusión financeira das familias e das empresas. No 2011 o tipo de xuro medio na banca española para operacións de crédito superiores a 1M€ acadou o 2,8%, fronte ao case 6% das operacións de contías inferiores. A concentración financeira atende só aos intereses da grande empresa e afoga ás pemes.
Velaí que a salvación da marca, rede e xestión autónoma de NCG sexa un asunto fulcral, tendo en conta o carácter sistémico de Nova Galicia no noso País, cun 40% dos créditos e depósitos. E, co proceso de venda encetado, só hai dúas alternativas. A primeira, que conlevaría a desaparición da entidade e a supresión de centos de empregos, é a venda ao BBVA, Santander ou “La Caixa”. A segunda, o chamado “Plan Castellano” que permitiría estabilizar a entidade como Banco minorista xestionado dende Galicia, é a venda aos Fondos internacionais dirixidos polo Gughenheim. Esta opción sería, tamén, a que achegase máis recursos, devolvendo unha parte do investido no saneamento. E a que facilitaría unha oferta de crédito centrada só nas pemes e fornecida por persoas coñecedoras do País e da súa estrutura empresarial.
Galicia non é unánime apoiando esta única opción viábel. Por mór do dano reputacional xerado pola comercialización de preferentes e subordinadas e agravado pola novidosa e insólita decisión de NCG de recorrer xudicialmente todas as sentenzas desfavorábeis, pola incapacidade da Xunta para construir un consenso neste asunto esencial, pola cativeza de miras dos socialistas e polo exceso de dogmatismo e falla de realismo de AGE e BNG.
Nun proceso transparente e obxectivo BBVA, Santander e La Caixa non terían, na altura, posibilidades reais. Mais os inimigos da subsistencia de Nova Galicia son fortes no Ministerio de Economía e no Banco de España.
Xoán Antón Pérez-Lema.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



