Os colectores amarelos da zona da Ría de Abres e Vilafernando en Trabada están repletos de lixo, xa que levan semanas sen ser baleirados. Dende o BNG preguntámoslle o alcalde do noso concello o motivo por cal están así e que dea as oportunas explicacións e se proceda a recollida dos refugallos da maneira mais áxil posible por que coa calor que fai estes días, os restos que hai nos envases reciclables alí depositados poden ser un foco de infección aparte do mal olor que xa están a ocasionar, tamén lle pedímoslle que tome as medidas para que isto non volva a ocorrer xa que os veciños están tódolos días preocupándose e facendo un esforzo en separar os refugallos e cando chegan a depositar a súa bolsa o lixo e ven esta estampa ocasiónaselle un tremendo malestar, xa que todos pagan por igual os servizos vivan no lugar que vivan no concello tendo todos o mesmo dereito de gozar deles sendo ademais e vergonzoso para imaxe que estase a dar do noso concello nestas datas que hai xente de fóra que está de vacacións vendo o carón das estradas e das vivendas os colectores repletos de tal cantidade de lixo, ata algún está situado a escasos metros da area recreativa da Ría de Abres, un lugar moi concorrido no verán, xa que posúe unhas vistas e un entorno privilexiado .
Tamén os nacionalistas queremos aproveitar unha vez máis a ocasión para reclamar paras distintas parroquias e lugares de Trabada un servizo axeitado de recollida de cartón e vidro xa que a día de hoxe practicamente carecen del, tamén sería necesario instalar nos pobos onde haxa máis explotacións agrarias puntos de recollida de plásticos do silo, para que os gandeiros podan depositalos alí para a súa posterior retirada e traslado por parte do concello os puntos de tratamento e por suposto lembrarlle o señor Ginzo que hai que proceder a limpeza de tódolos colectores porque nunca se lavan e a día de hoxe desprenden un olor insoportable e están todos cheos de merda estando moitos deles deteriorados, completamente rotos polo paso dos anos.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



