Burela, 5 de agosto de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, denunciou este luns a presenza de multitude de carteis publicitarios que foron pegados de xeito indebido no mobiliario urbano, sen respectar a normativa municipal. O equipo de goberno encargoulle un informe á Policía Local e anuncia que procederá a abrir os correspondentes expedientes ás empresas infractoras.
O rexedor explicou que “ultimamente estamos detectando en rúas, farolas, marquesiñas, etc, a presenza de multitude de carteis que están pegados de forma indebida sen respectar a normativa municipal. Démoslle orde á Policía Local para que elabore un informe o máis exhaustivo posible sobre a presenza de carteis pegados en lugares non autorizados”.
O equipo de goberno vai cumprir a norma con todo rigor, “desde que ese informe estea nas nosas mans vamos abrir os correspondentes expedientes para que as empresas que están utilizando elementos do mobiliario urbano de carácter público retiren de forma inmediata os carteis, senón retirarémolos nos. O que si é certo é que vamos cumprir a ordenanza porque o que non podemos permitir baixo ningún concepto é que se peguen carteis, anuncios, etc, de forma absolutamente indiscriminada”.
González Barcia cre que “as empresas anunciantes deben ser o suficientemente serias e responsables como para saber que os carteis se pegan nos lugares autorizados para este fin e non de forma completamente aleatoria en colectores, como dicía, marquesiñas, etc, parece ser que vale todo e isto loxicamente temos que atallalo. Temos queixas dalgúns veciños, lóxicas por outra parte, ante esta situación e nós como Concello poñeremos todos os medios ó noso alcance para evitar este absoluto desaguisado porque non se pode chamar doutra forma”.
O alcalde pídelles “ás empresas anunciantes que actúen con rigor e que colaboren cos responsables municipais en manter a Burela nunhas condicións óptimas en canto ó ornato se refire”.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



