Un ano máis miles de persoas se achegaron ata Viveiro para desfrutar do mellor heavy metal, hardcore e punk do mundo no Resurrection Fest. Os organizadores calculan que durante os 3 días de concertos pasaron polas instalacións unhas 30.000 persoas chegadas de máis de 20 países diferentes.
A Deputación considera esta cita unha importante oportunidade económica para toda a Mariña e leva anos colaborando cos organizadores. Nesta ocasión a institución provincial achegou 10.000 euros para o desenvolvemento do festival e máis a Fundación Tic se encargou da emisión en streaming de todo o evento.
Este festival de música converteuse en poucos anos en referente mundial pola fama internacional dos grupos que se achegan á cita. Para este ano a Deputación mantivo a contía da súa achega, a pesar da crise. Foron máis de 40 concertos que se distribuiron nos 3 días de festival entre 3 escenarios diferentes. O cartel deste ano incluía grupos de sona considerados entre os mellores do mundo.
Dende o Concello de Viveiro destacan que o festival atrae cada ano a máis visitantes e que deste xeito serve de escaparate para dar a coñecer a vila. Grazas á boa organización, o festival transcorre sen incidencias e os visitantes desfrutan de toda a beleza da zona, e os servizos necesarios para facer a súa estadía máis agradable. Moitos deles repiten cada ano e á súa experiencia se suman máis amigos que engrosan as cifras de asistentes ó festival.
Destacar o bo comportamento dos asistentes ó festival por respectar todas as indicacións que a organización do evento establecía. O Concello de Viveiro ve positivo e moi importante este festival posto que supón o mantemento e incremento do emprego no sector servizos dentro do municipio e alrededores.
Este ano, Lamb of God, Trivium, Sylosis, Slayer, Millencolin, Exodus, Bad Religion e Biohazard, fixeron as delicias dos asistentes que puideron tamén seguir os concertos a través das pantallas habilitadas coa realización da fundación Tic. Os que tiveron que quedar na casa, tamén puideron ver os seus grupos favoritos na canel por internet http://resurrection.tv.
Importante oportunidade para dar a coñecer A Mariña
Dende a Deputación consideran que o Resurrection Fest, ó atraer tanta xente e grupos tan coñecidos é unha importante oportunidade para dar a coñecer a Mariña como destino turístico. Segundo os organizadores, á cita acude público de moitos países diferentes que desfrutan do Festival e de toda a riqueza da zona, contribuíndo á súa promoción fóra e a xerar riqueza en sectores estratéxicos como a hostalería e o turismo. Segundo un estudo da Universidade de A Coruña , en tan só 3 días, o evento deixa na cidade do Landro máis de 1,4 millóns de euros.

























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



