Foz, 9 de agosto de 2013. O Concello dispón dunha copia do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que está a disposición dos grupos políticos municipais para que o revisen cando queiran. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, espera que nun pleno da corporación municipal que se celebrará no mes de setembro se aprobe a exposición ó público do documento.
O rexedor municipal manifestou este venres que “o grupo de goberno segue na súa liña de querer sacar adiante o Plan Xeral de Foz e deuse agora un paso importante: xa hai unha copia editada do que é o avance inicial para que os técnicos e os portavoces dos grupos políticos municipais poidan telo á súa disposición para botarlle unha ollada antes do pleno que se realizará moi probablemente a primeiros do mes de setembro. Practicamente o plan está rematado, soamente quedan uns flecos na sostibilidade económica dado que hai unha serie de circunstancias importantes que inflúen no plan, como é que haxa máis vivendas censadas que habitantes; pero os técnicos, tanto o interventor como os propios redactores, están tratando de encaixar a sostibilidade do plan. O máis importante é que a copia está xa aquí no Concello e xa se lle transmitiu ós portavoces a súa dispoñibilidade para que cando o desexen poidan vela cos propios técnicos e opinar sobre ela”.
Javier Castiñeira explicou tamén que, “tal e como se falou no seu momento cos portavoces, se está cumprindo este obxectivo e o que quere este grupo de goberno é total transparencia nun tema tan importante e transcendental. O que desexamos é que no pleno do mes de setembro a corporación municipal apoie sacar este documento ó público para que os propios veciños e afectados poidan tamén velo e presentar as súas alegacións, no caso de que non estean de acordo. Os obxectivos dende logo son sacar a información ó público en setembro, con dous meses para alegacións, despois responder novamente a estas, e esperemos que no período de entre un ano ou ano e medio poidamos ter xa o documento definitivo”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



