Lugo 9-8-2013.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, acompañada de varios deputados provinciais, ofreceu este venres unha rolda de prensa, para pedir en nome de todo o Grupo Provincial Popular a comparecencia de José Ramón Gómez Besteiro para que explique, de maneira urxente, a trama de asesores do BNG e a xestión do KM0 dentro da súa área de presidencia.
“Os membros do Grupo Provincial do Partido Popular esiximos a comparecencia, inmediata, do presidente do Organismo Provincial co fin de que aclare e de explicacións aos lucenses de feitos de gran calado que están a acontecer nesta Deputación”- manifestou Candia.
A voceira do GPP denunciou que se descoñece por completo a postura e a información do máximo responsable da Deputación, ante asuntos de gran importancia e que son coñecidos por todos.
TRAMA DOS ASESORES DO BNG
Elena Candia denunciou que o GPP descubríu a existencia dun traballador, que estando nomeado e contratado para facer o seu traballo na Deputación Provincial de Lugo, concretamente adscrito a área de cultura, turismo, ensino e normalización lingüística e patrimonio histórico, non desempeñaba funcións nese posto e o seu lugar e a súa responsabilidade estaba na sede do BNG de Foz.
Candia lembrou que preguntado por esta circunstancia na sesión plenaria provincial, o Equipo de Goberno felicitouse desa circunstancia, nun exercicio carente de toda humildade, deixando constancia diso na súa correspondente área.
Neste senso a voceira do PP na Deputación, afirmou que, paralelo e mostra evidente de que esa circunstancia non debía ser tan merecedora de eloxios, o Equipo de Goberno da Deputación de Lugo iniciou un procedemento de corrección de erros para adscribir a ese traballador no Grupo Provincial do BNG.
“Xunto a este proceso de corrección de erros, inícianse outros tres máis de traballadores que estaban en iguales circunstancias”- manifestou Candia, quen engadíu que se trata de procesos públicos que tódalas persoas podemos comprobar se ollamos o Boletín Oficial da Provincia de data 11 de xullo.
A popular manifestou que “compre facer unha mención temporal e retroceder as seguintes datas: ao 23 de agosto do 2011 onde se publica o nomeamento do asesor adscrito á area de cultura; ao 7 de xuño do 2013 onde se mostra que o PP pregunta en pleno sobre a situación laboral deste traballador e ao 17 de xuño do 2013, cando se asina por decreto a rectificación da súa adscrición a outra área, e xunto con el rectificase a situación de outras 3 persoas mais”.
PREGUNTAS A BESTEIRO
Ante esta situación, Elena Candia pregúntalle a Gómez Besteiro, cómo máximo responsable da Institución Provincial, se coñecía esta incorrecta adscrición e se foi cómplice da mesma; qué opinión lle merece esta situación e se o responsable directo, o vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Veiga, actúa co seu amparo?
Asemade, Candia tamén formula a Besteiro se comparte o feito de que se pague durante 2 anos a unhas persoas por unhas funcións para as que foron contratadas pero sen desenvolver ese traballo.
KM 0
A voceira do PP na Deputación de Lugo puxo tamén de manifesto que o GPP ten coñecemento de que un xulgado de Lugo está a investigar presuntas comisións de feitos delictivos nunha área de goberno do Señor Besteiro; trátase do Servicio de Protocolo e a xestión do controvertido programa propagandístico, KM0 , que esta a ser investigado polos Tribunais.
“Con claridade o GPP expón que por suposto non quere facer xuizos paralelos, polo que ante todo, presunción de inocencia e máximo respecto á xustiza”- manifestou antes de nada Elena Candia, quen engadíu, acto seguido, que “nos estamos aquí para controlar a acción de goberno e desde logo, esixir explicacións políticas”.
Elena Candia manifestou que estamos a falar dun feito indiscutible, dunha situación que derivou nun Tribunal e lembrou que o PP en sesión plenaria do pasado mes de maio plantexou a creación dunha comisión de investigación e que o Sr. Besteiro e os seus socios de goberno rexeitaron.
Ante esta situación a popular pregúntase por qué Gómez Besteiro non quere que os lucenses saiban a verdade do que está a pasar na área de presidencia e por qué non explica aos cidadáns se era coñecedor da situación vivida na súa área e qué medidas adoptou para solventalas.
Concluíu Elena Candia insistindo, que ante a irresponsable ausencia do Señor Besteiro, quen dende fai meses só aparece para dar titulares na súa xestión interna de partido, o Grupo Provincial Popular pide a urxente comparecencia do presidente da Deputación para dar explicacións posto que a gravidade dos feitos así o esixe e senón o fai, e de maneira urxente, os populares adoptarán tódalas medidas ao seu alcance, tales como a solicitude dun pleno extraordinario e incluso non descartan a personación en algún dos asuntos xurídicos pendentes, nin tampouco por en coñecemento dos Tribunais, en calidade de denunciantes, algúns dos feitos adscritos.


















Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.



