Burela, a 1 de agosto de 2013.- O portavoz da Xunta Directiva do Partido Popular de Burela, José Luis Lois Losada, manifestou que “a Deputación vén de incumprir, un ano máis, os seus compromisos en materia de desbroce da rede viaria provincial. Un traballo que debería estar rematado a mediados do mes de xullo, no tocante ó concello de Burela aínda está sen comezar cando arranca o mes de agosto”.
Lois Losada indicou que “as cousas na Deputación fanse con moita lentitude, e agora máis, xa que Besteiro está máis nas súas cousas persoais e de partido que na defensa dos intereses dos veciños da provincia. A tramitación administrativa dos desbroces fíxose moi tarde, por iso a estas alturas do verán están sen facer”.
O portavoz dos populares de Burela tamén asegurou que “a actitude do bipartito provincial é unha imprudencia e unha irresponsabilidade. No caso de Burela a estrada que vai a Rúa presenta maleza e herbas hasta a calzada. Confiamos en que o deputado Sr. Llano deixe por unha vez as pancartas e tome cartas no asunto, e así xustifique os 51.000€ anuais que cobra dos cartos de todos os cidadáns da provincia”.




















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



