O Valadouro, 13 de agosto de 2013.- O presidente do PP de O Valadouro, José Manuel Lamela denunciou esta mañá que os incumprimentos por parte do Señor Gómez Besteiro e o seu socios de goberno provocan unha suba nas taxas do servizo de axuda no fogar.
Lamela, quen se pregunta por qué o Señor Gómez Besteiro non aclarou este tema aos veciños de O Valadouro cando realizou a visita a este Concello, puxo de manifesto que os populares están en contra de que sexan os veciños os que se vexan prexudicados por unha decisión inxustificada da Deputación de Lugo que non asume as súas obrigas en materia de financiamento dos servizos sociais.
O popular lembrou que tanto a Lei de Servizos Sociais aprobada polo bipartito en 2008 como o decreto que a desenvolve de 2012 establece a obriga das Deputacións de financiar o custe do Servizo Básico de Axuda no Fogar, naqueles concellos de menos de 20.000 habitantes.
Concluíu o presidente do PP de O Valadouro manifestando que todo isto é consecuencia dunha Deputación de Lugo que non cumpre con este servizo tras negarse a cumplir unha normativa en vigor.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



