Ribadeo, 13 de agosto de 2013. Hoxe tivo lugar a presentación dos actos conmemorativos do centenario do Ribadeo FC, que se celebrarán este sábado 17 de agosto. Comezarán ás 10:00 horas cunha misa para seguir coa entrega da medalla de ouro do Concello, un acto no Teatro, unha comida no hotel restaurante Voar e rematarán co partido do club ribadense contra o Luarca CF, rememorando o disputado hai 100 anos, encontro que será con entrada gratuíta e empezará as sete da tarde.
Na presentación estivo o alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia, quen dixo que “na Mariña, ou Galicia en xeral, poucos clubs chegan ós 100 anos, e aquí temos a sorte e o orgullo de que un club de fútbol fora creado a principios do século XX, quizais imbuído daquelas xentes que traían estes deportes un tanto estraños daquela, dende o Reino Unido ou incluso dende o País Vasco, a través dos camiños de ferro da liña Ribadeo-Vilaodriz, daqueles obreiros que viñeron construír esta liña férrea ou se cadra tamén con este porto comercial importante de interese estatal, como era o porto comercial de Ribadeo durante os séculos XVIII e XIX. De todo aquilo seguramente que no século XX tamén tiña a súa transcendencia e era lugar de entrada non so de produtos, senón tamén de modas, de tendencias e, como non, de deportes, como é o caso. Hoxe somos outras persoas herdeiras daquela xente que no ano 1913 decidiron fundar un club de fútbol e hoxe, como digo, outras persoas representando á parte institucional, á parte do Concello, como é quen lles fala; representando aos sucesores daquela directiva, tanto a que acaba de saír hai pouco tempo como a que agora dirixe o Ribadeo FC; como tamén asociacións deportivas vinculadas ao fútbol, como son a Sociedade Deportiva Ribadeo e a Asociación de Veteranos; e de toda aquela xente que traballou, que xogou e que axudou ao Ribadeo FC a ser un club grande, cos seus altibaixos, coas súas categorías en postos máis altos ou máis baixos, pero sempre de maneira ininterrompida durante 100 anos. Fixeron posible que o nome de Ribadeo puidera andar por aí adiante, por moitos sitios, sempre con moita honra e con moito orgullo para o seu Concello”.
Polo tanto, Suárez Barcia utiliza o dito “quen a seu pobo honra, merece a honra do pobo”, para sinalar que dende “o pobo quixemos facerlle unha homenaxe para este vindeiro 17 de agosto, o día en que se cumpre o centenario da constitución do Ribadeo Fútbol Club. Para iso, o Concello de Ribadeo, dunha maneira extraordinaria, xa leva uns días traballando, xa de feito celebrou un pleno este venres pasado, para proseguir nos trámites de concesión da medalla de ouro da corporación ao Ribadeo FC. A entrega terá lugar nun pleno, en acto solemne, o vindeiro sábado ás 11 da mañá. En definitiva, o que queremos facer con todo isto é socializar todo estes actos, convidar á xente e ós veciños da comarca a que acudan a estes actos que estamos presentando, sobre todo, a este partido que 100 anos despois volverá a enfrontar dunha maneira amigable, dende logo, ao Luarca e ao Ribadeo, os dous equipos que iniciaron a súa andaina 100 anos atrás”.
Tamén estivo no acto o actual presidente do club, Víctor López, que agradeceu “a toda aquela xente que, dunha forma ou doutra, fai posible que se celebre este primeiro centenario do Ribadeo FC o próximo día 17 de agosto. En primeiro lugar ao Concello; á Asociación Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC; á Sociedade Deportiva Ribadeo; a Pulpeiro, ex presidente do club; e ao Ribadeo FC”. Tamén animou a “toda esa xente, amigos e amigas, persoas que dalgunha forma están ou estiveron vinculadas ó Ribadeo, a que participen nas actividades que se realizarán o vindeiro sábado”.
Foi López o encargado de explicar os actos, que “empezarán ás 10:00 horas cunha misa no santuario da Virxe de Vilaselán, patroa do Ribadeo FC. A continuación teremos no salón de plenos do Concello o recibimento do alcalde e de toda a corporación, onde será entregada a medalla de ouro, pola que xa adianto as grazas ao alcalde. Máis tarde, ás 12:30 horas no Teatro de Ribadeo será o pregón a cargo de Pablo Ramón Fernández Asensio, que é o xefe de coordinación da Área do Mar en Celeiro (Viveiro). Acompañando ao pregoeiro tamén estaremos Moncho, Pulpeiro, o alcalde, Francisco (presidente da SD Ribadeo) e eu, e tamén se presentará o libro do centenario. Ás 14:30 horas celebraremos unha comida aberta a todo o mundo no hotel restaurante Voar, polo prezo de 25 euros e a retirada de tarxetas é no propio restaurante ata o venres. Por último, ás 19:00 horas teremos o partido entre o Luarca Club de Fútbol e o Ribadeo FC, recordando tamén ese partido de hai 100 anos”.
O actual presidente quixo tamén “agradecer publicamente a colaboración que sempre nos presta o Luarca, porque tamén estivo aquí no 50 e 75 aniversario do Ribadeo FC” e comentou que lle gustaría que “houbera moita xente, a presenza de afeccionados e afeccionadas, colaboradores, xogadores, directivos, etcétera, neste acto, que é un orgullo para nosoutros e para min como presidente no centenario do Ribadeo FC”.
José Pulpeiro, anterior presidente do club, gabou o traballo de todas as directivas do Ribadeo FC e destacou que “por sorte dende esa fundación ata agora houbo xente e continúa en Víctor, con esa nova directiva. Eu estou orgulloso de estar 29 anos dirixíndoo e de que agora teña esta continuidade”.
Na presentación tamén estiveron o presidente da Asociación de Veteranos do Ribadeo FC, Moncho Fernández-Reinante, e Javier Alonso, directivo da SD Ribadeo.




















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



