Santiago, 11 de agosto de 2013.- O Igape, dentro da súa estratexia de impulso ao emprendemento, ten abertos programas de apoio cos que se prevé unha mobilización de 16 millóns de euros. Así, ata o 30 de outubro os emprendedores poden solicitar as axudas do programa ReEmprende, a través do cal se conceden subvencións por importe de 1,4 millóns de euros coas que se prevé unha mobilización de investimentos por 6 millóns, mentres que o novo programa de microcréditos, co que se poderá mobilizar 10 millóns de euros, permanecerá aberto ata o remate do ano.
As axudas concedidas ao abeiro do programa ReEmprende, que ten por obxectivo apoiar os novos investimentos de emprendedores, autónomos ou pemes de ata un ano de actividade, parten dun mínimo do 15% e poden chegar a cubrir o 50% dos investimentos subvencionables no caso das pequenas empresas.
Os proxectos que se desenvolvan nas provincias de Lugo e Ourense, xunto cos das comarcas de Ferrolterra e Costa da Morte, benefícianse dunha valoración con discriminación positiva, ao amparo dos correspondentes plans Impulsa. Ademais, aos proxectos destas zonas garánteselles unha axuda mínima do 25% dos investimentos subvencionables.
Por outra banda, mediante o novo programa de microcréditos, que se desenvolve en colaboración coas Sociedades de Garantía Recíproca (SGR), os emprendedores poden acceder a préstamos de ata 25.000 euros avalados nun 100%.
Estes dous programas, cos que se contribúe á creación de riqueza e emprego para Galicia, están contemplados na futura Lei do emprendemento e da competitividade, que contempla tamén a posta en marcha dun novo fondo de capital risco para emprendedores, que permitirá mobilizar investimentos por 10 millóns de euros máis.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



