Este sábado 24 de agosto é o derradeiro día das III Xornadas “Memoria dun tempo”. Nestas xornadas, que polo de agora superan as previsións en canto a público asistente, celebrarase un acto que para moitas familias ten unha gran importancia: a homenaxe ós republicanos e libertarios que foron represaliados polo Franquismo, ás 7 da tarde no monolito sito na ponte vella do Barqueiro, o cal foi posto polo Concello, máis non foi obxeto de acto ningún no que se dera cabida ós descendentes das víctimas. Na ponte do Barqueiro intervendrán as netas do alcalde Jesús Castaño Galdo na representación das familias, o portavoz da Asociación Nordés, e dándose lectura a textos e poemas, ademais da interpretación de varios temas musicais e o feito dunha ofrenda floral. Ás 9 será o comenzo da cea de irmandade na que se departirá sobre o feito ata agora e as propostas para darlle continuidade ás xornadas e a recuperación da memoria nos concellos da bisbarra. Para rematar as Xornadas ás 11 e media da noite dará comezo o recital de Andrés Fernández que, baixo o título de: “Cancións dun tempo de loita”, interpretará temas de Suso Vaamonde, Bibiano e outros artistas dos anos 70 e 80.






















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



