O xoves 15 remata o prazo para apuntarse á VII edición do torneo de basket 3*3 que organiza a Peña Barcelonista San Miguel. Nesta ocasión celebrarase o sábado 17 de agosto a partir das 10.30 h. no pavillón polideportivo do colexio de San Miguel de Reinante. A inscrición é gratuíta e os equipos poden estar compostos tanto por homes como por mulleres. Celebrarase primeiro unha fase de liguiña por grupos, para posteriormente pasar ás eliminatorias directas. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados.
Os interesados en participar poden dirixirse ó teléfono 625 821 044. Para máis información pódese consultar a web http://penhabarcelonistasanmiguel.jimdo.com/actualidad/2013-2014/. A organización anima a todos os interesados en pasar unha mañá de deporte e lecer a que se apunten a este torneo.























O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



