O auditorio municipal Hernán Naval acollerá entre o 12 e o 16 de agosto a oitava edición do Festival Internacional de Música clásica de Ribadeo. O primeiro concerto terá lugar o luns 12 de agosto ás 21:30 horas da man de Cecilia String Quartet con Jorge Blasco e Leopoldo Erice ao piano que interpretarán: François-Joseph Fétis: Gran sexteto Op.5 rn Mi Bemol Maior; Claude Debussy: Suite Bergamasque para piano; Ludwig van Beethoven: Sonata para piano Op. 13 en Do Menor, “Patética”; Franz Joseph Haydn: Cuarteto de corda Op. 20 nº 4 en Re Maior. O prezo da entrada é de 11 euros, aínda que o abono para os cinco concertos terá un prezo de 50. Toda a información en www.fimcr.com.
VIII Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo
VIII Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional