Ribadeo, 11 de setembro de 2013. A comisión pro residencia de maiores en Ribadeo valora de xeito positivo a proposta realizada onte pola Xunta, pero asegura que aceptala suporía endebedar ao Concello nuns 800.000 euros, “algo que nos parece pouco prudente”, segundo asegurou o alcalde e portavoz de dita comisión, Fernando Suárez Barcia.
O rexedor dixo que “toca valorar a proposta realizada onte pola Xunta despois de térmonos reunido os diferentes grupos da Corporación Municipal de Ribadeo xunto cos representantes das asociacións veciñais que estamos xuntos nesta loita para a consecución dunha residencia en Ribadeo e despois de ter valorado e estudado dita proposta que a Xunta nos fixo no día de onte, sobre ese proxecto xa redactado que o Concello lle presentou por importe de 2.300.000 euros e no que a Xunta nos propón aportar uns 500.000 euros”.
Suárez Barcia indicou que “valoramos positivamente a proposta que a Xunta nos fai aínda que a ringleira seguida debemos dicir que aceptar esta oferta implicaría que o Concello se endebedase nuns 800.000 euros e iso parece pouco prudente no momento económico no que nos estamos a mover e máis os Concellos, dado que temos outras necesidades ás que atender”.
Desde a comisión pro residencia de maiores en Ribadeo “pensamos, e así llo imos propoñer á Xunta, que debe ampliar a súa oferta cando menos ao equipamento do centro, que sería un investimento de 300.000 euros, e podería perfectamente non facelo só en dúas anualidades, 2014 e 2015, tal e como propoñían, senón que poderían facelo en tres anualidades. Así aos 500.000 euros que propón o goberno galego sumaríaselle o equipamento, que serían en total uns 800.000 euros. Esa sería a cifra máis lóxica que a Xunta podería poñer, porque debemos lembrar que as competencias en materias sociais están repartidas entre Deputación, Xunta e Concellos, pero en materia residencial é a Xunta a que ten a competencia principal. Non sería, polo tanto, axeitado que o Concello de Ribadeo acabase poñendo unha cifra desmedida para a situación e a capacidade dun Concello mediano como pode ser o noso”.
O alcalde e portavoz da comisión insiste en valorar positivamente a proposta, “pero aceptar esas condicións tal e como as din, implicaría un endebedamento que entendemos todos os grupos que sería imprudente. Isto farémosllo chegar de xeito formal e asinado por todos os grupos políticos á conselleira Beatriz Mato nas vindeiras horas. Agardamos unha resposta rápida porque o tempo corre para todos, pero corre máis para os nosos maiores que queren pasar o mellor das súas vidas cerca das súas casas e das súas familias, e non a ducias ou centos de quilómetros, tal e como está a ocorrer na actualidade”.
A comisión pro residencia de maiores reuniuse esta tarde en Ribadeo para analizar e valorar a proposta realizada pola Xunta de Galicia.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



