Lugo, 11 de setembro de 2013.- Tras facerse eco a través dos medios de comunicación das declaracións da familia de Álvaro Gil que denuncian a inexistente resposta da Deputación Provincial de Lugo aos seus requirimentos; o Grupo Provincial do Partido Popular tacha de “moi grave” esta situación que amosa a total “inoperancia” de José Ramón Gómez Besteiro e Mario Outeiro ante un feito que pode levar á perda de pezas de gran valor para a provincia.
Dende o Grupo Provincial do Partido Popular explican que o seu partido chegaría a entender que ante negociacións non se chegase a un acordo frutífero, porén censuran que, independentemente dos termos, “nin tan sequera se chegase a manter este contacto e nin se respondese aos requirimentos da familia desde o anuncio da sentenza do Tribunal Supremo”.
Os populares explican que mentres a familia deu coñecemento á Deputación sobre o proceso a seguir, o PSOE e o BNG deu “a calada por resposta” o que amosa que Lugo continúa a sufrir as consecuencias dun presidente “máis interesado pola súa proxeción persoal, que por dar solucións aos problemas que afectan á provincia”.
Dende o Grupo Provincial Popular explican que non se pode consentir que Lugo siga sen presidente e sen un equipo de goberno que amosou unha absoluta incapacidade ante os asuntos relevantes da provincia. Pasados tres meses dende o coñecemento da sentencia do Tribunal, “non se entende que a Deputación Provincial non realizase ningún tipo de xestión para garantir a continuidade das pezas no museo provincial”.
Os populares urxen actuacións inmediatas
Os populares urxen unha resposta a petición da xunta de voceiros e de non ser así explican que utilizarán todas as vías que teñan na súa man para que a Deputación procure, polo menos, unha negociación coa familia
“Levan seis anos con este situación nas mans”, lembran os populares, e fai tres meses tiveron coñecemento da setenza do Tribunal Supremo “e nin así tiveron a ben realizar as xestións oportunas para que o patrimonio cultural da provincia, continúe en Lugo”.
Os populares engaden que “agardamos que agora que se fala dun prazo dun mes para que as pezas saian do museo”, dado a falta de xestión da Deputación Provincial de Lugo; “Besteiro ou Outeiro se dignen a contactar coa familia para chegar a un acordo cos propietarios”.
Danos irreparables para os lucenses
“Esiximos explicacións e información ao respecto”, xa que “unha administración provincial non pode dar as costas aos lucenses e non realizar a mínima xestión para que o patrimonio continúe na provincia”.
“As aspiracións políticas de Besteiro causaron un dano irreparable ao ente provincial”- denuncian os populares, quenes enganden que os lucenses non poden consentir máis tempo estar sen un presidente e soportar uns socios de goberno que demostraron absoluta incapacidade en tódolos asuntos importantes.
O GPP lamenta que “a ausencia da mínima xestión de Besteiro e Outeiro” sería o motivo que provocase que Lugo se quedase sen estas prezas de valor patrimonial, ademais de con 600.000 euros menos nas arcas municipais dado o pago das costas xudiciais.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



