A Deputación imparte gratis talleres sobre as TICs, ás PEMES e autónomos lucenses, sumadas ó Reacciona coas TICs. Trátase dun programa pioneiro en Galicia que analiza as necesidades informáticas das empresas e as dota de ferramentas e formación necesaria para sacarlle o máximo partido as TICs. Son 150 as PEMES e autónomos de toda a provincia beneficiarias desta iniciativa enmarcada no Innova-TE2 e financiada con máis de 200.000 euros de fondos europeos.
Nunha primeira fase que rematou a semana pasada, a institución provincial analizou as necesidades das entidades adheridas ó programa. En función dos resultados dos estudos pormenorizados, a Deputación imparte estes cursos formativos e comezou a instalarlles as ferramentas informáticas máis adecuadas para cada negocio.
Nesta segunda fase os cursos gratuítos amosarán ós beneficiarios do plan as posibilidades de negocio coas redes sociais e o xeomarketing. Tendo en conta que os participantes no programa son de toda a provincia, comezaron hoxe os obradoiros en Lugo, onde se repetirán mañá no Centro de Innovación Social da Deputación en horario de 9:30 a 13:30 e 16:30 a 19:30. O xoves repetirase a iniciativa no CEMIT de Monforte de novo en horario de mañá e tarde e os días 26 de setembro e 1 de outubro en Viveiro, tamén na aula CEMIT desta localidade, neste caso só en horario de tarde.
Códigos QR e Facebook
Os talleres organizados pola Deputación permiten ós participantes atraer novos clientes atendendo ás novas tendencias de comunicación a través do móbil. Os empresarios aprenden cómo dar de alta o seu negocio en Google, coñecen a maior rede social asociada ó xeoposicionamento (Foursquare) e a prenderán a crear códigos QR, unha interesante ferramenta enfocada a vincular o mundo real co virtual. Por outra banda, cada vez son máis as empresas que ven en facebook unha oportunidade para chegar á súa clientela, pero poucas levan unha estratexia adecuada e exitosa. No obradoiro os participantes aprenderán a crear a súa propia páxina empresarial en facebook e sacarlle todo o partido posible, con trucos útiles e ferramentas sinxelas.




















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



