Cervo, 26 de setembro de 2013-A Concellería de Deportes, que dirixe Luis Guillén, informou este xoves de que o próximo martes 1 de outubro arrincan oficialmente os cursos da piscina municipal de Lieiro. Nesta temporada ofrécense cursos de natación para bebés, nenos e adultos, así como aquagim.
No caso das actividades infantís estableceranse diferentes niveis, de forma que o alumnado poida ir subindo de nivel conforme vaia cumprindo cos obxectivos marcados en cada un deles. Unha iniciativa que se leva a cabo para “motivar aos nenos e nanas na súa aprendizaxe”, explica o edil, e faise a través da identificación dos niveis con diferentes animais acuáticos. En canto aos adultos, os niveis son iniciación, medio e perfeccionamento.
Unhas actividades, en conxunto, coas que se pretende “seguir fomentando a práctica da natación e do exercicio físico entre diferentes perfís de idade de forma que o deporte acuático chegue a toda a poboación como un medio para levar unha vida saudable” asegura Guillén, que ao mesmo tempo lembra que “os cursos tamén son un bo camiño para potenciar o uso e aproveitamento das instalacións deportivas municipais”.
Uns cursos que comezan unha semana despois de que arrincasen as Escolas Deportivas, nas que se ofertaron ata 11 disciplinas diferentes para o público infantil, xuvenil e adulto e que son unha forma máis “de incentivar e motivar á poboación a practicar exercicio a través dunha ampla oferta de actividades” remata Guillén.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



