Madrid, 12 de setembro de 2013.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, participaron hoxe no salón Iberjoya na presentación a profesionais e medios de comunicación das cinco marcas de xoiería galega avaladas pola marca Artesanía de Galicia e o selo Galicia Calidade que están presentes na mostra.
No acto, que foi presentado pola actriz galega María Castro, Fink Orfebres de Santiago de Compostela, Unión Joyera de Bergondo, Ardentia, Óscar Rodríguez Joyeros e Piropo Joyas presentaron no stand instalado pola Consellería de Economía e Industria as súas propostas en deseño e fabricación de xoias para esta edición número 50 do salón.
Durante a presentación, no que estiveron presentes tamén o presidente da Federación Galega de Xoieiros, Óscar Rodríguez, o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, mostráronse as últimas creacións destes artistas que incorporan a innovación aos seus productos ao tempo que manteñen intacta a tradición dos artesáns galegos.
Iberjoya, o Salón Internacional de Xoiería, Pratería, Reloxería e Industrias Afíns reúne nesta edición 2013 209 expositores procedentes de distintas zonas de España e do resto de Europa pero tamén de China, Alemaña, Estados Unidos, India ou Corea, entre outros países.
Ademais da alta xoiería e reloxería, neste certame preséntanse coleccións de moda e tendencias, novas canles de distribución, as solucións tecnolóxicas máis novidosas para os procesos de produción ou xestión comercial ou as últimas novidades en ourivería e industrias afíns. O salón está dirixido unicamente a profesionais e ofrece un contorno estratéxico, un encontro de oferta e demanda onde os participantes, tanto expositores como visitantes, poden descubrir ideas e encontrar novas oportunidades de negocio. Na pasada edición convocou a 14.500 profesionais de 82 países.
Iberjoya é así unha oportunidade para que estas cinco empresas galegas, dentro da súa estratexia de internacionalización, poidan presentar as súas creacións a compradores de todo o mundo. Todas están amparadas tanto pola marca Artesanía de Galicia como polo selo de Galicia Calidade, grazas ao convenio de colaboración posto en marcha co Colexio Oficial de Xoieiros para conceder esta certificación que só se outorga a produtos e servizos que traballan con materias primas de alta calidade, desenvolven unha producción óptima e achegan excelencia no servizo.
A participación neste salón enmárcase dentro da estratexia que a Consellería de Economía e Industria desenvolve a través de Galicia Calidade e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño de apoio a sectores como o da xoiería a través de campañas de promoción, asistencia a feiras e todo tipo de eventos que poidan reforzar o seu prestixio en España e tamén a nivel internacional e que lles permitan abrir novos mercados. Ademais de en Iberjoya, estas cinco empresas galegas participan en feiras internacionais como Inhorgenta de Múnic, Bijohrca de París ou As Vegas e así as xoias con denominación de orixe galega están en escaparates dos cinco continentes, desde Estados Unidos, Alemaña ou o Reino Unido a outros mercados en expansión como os países do Leste ou o Golfo Pérsico.
Tendencias outono-inverno 2013
As empresas galegas presentes en Iberjoya expoñen as últimas novidades en alta xoiería e tamén as novas propostas de vangarda. Nas vitrinas do stand de 100 metros cadrados que se instalou na feira, poden verse mostras de creacións artesanais tradicionais, deseños innovadores e tamén xoias que seguen as tendencias principais das coleccións da próxima temporada outono-inverno: o ouro rosado, as cadeas de grandes elos para pulseiras, colares e reloxos, os brazaletes, as moedas, as perlas en todas as súas variantes están tamén presentes nas creacións destes cinco xoieiros galegos.
Unión Joyera de Bergondo presenta nesta edición dúas liñas moi diferentes de produtos: os deseños espectaculares da alta xoiaría, con diamantes, esmeraldas, rubís ou zafiros coidadosamente seleccionados, pezas clásicas únicas; e unha liña accesible a todos os públicos nas que o deseño ten unha especial relevancia. Son pezas nas que se combinan cores diversas e variadas texturas de ouro con pedras de diferentes cores e se seguen as tendencias actuais en deseño de xoias: desde caveiras ata formas inspiradas na natureza como flores ou animais.
Ardentia, pola súa banda, presenta entre outras a súa colección Enova, en prata e acibeche con pendentes, aneis, colgante e alfinete, pezas elaboradas artesanalmente con materiais de primeira calidade. Esta firma de Bergondo acode a Iberjoya co obxectivo dar a coñecer o carácter diferenciador das súas coleccións, deseños contemporáneos en prata de lei e esmalte a lume inspirados en elementos del entorno que achegan personalidad a cada unha das súas pezas.
Fink Orfebres participa no certame coas novas coleccións para a temporada centradas na investigación de formas, texturas e cores. Esta empresa santiaguesa, que se dedica ao deseño, fabricación e comercialización da xoiaría de prata seguindo a tradición dos mestres ourives de Santiago de Compostela, traballa en deseños propios en prata e acibeche, esmaltes a fogo e pedras semi-preciosas con acabados diversos: mate, brillo, texturas e dourados.
Óscar Rodríguez, que participa desde 1995 nesta cita internacional, presenta en Iberjoya 2013 60 obras integradas nas coleccións Tesouros do Mar, xoias de cunchas con ouro, metais preciosos e diamantes e Tesouros da Terra, xoias de minerais, con ouro, metais preciosos e diamantes.
Coa nova marca da empresa, Piropo Joyas, diríxense a un cliente que segue a moda e nesta edición 2013 de Iberjoya presentan por vez primeira, ademais das súas propostas en xoiaría, as súas coleccións de reloxería e complementos de pel. En xoiaría, Piropo Joyas leva nesta edición á feira a súa colección Orgullo, pezas cunha estética elegante e moi feminina onde as trenzas, seguindo as tendencias máis actuais, ocupan un lugar destacado.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



