A corrupción que se instalou na clase política é indignante e parece que é algo intrínseco á política deste pais. A corrupción é aos altos estamentos o que as espiñas a os cactus ou o que o botellón é ás festas de fin de curso.
Está salpicada ata a propia monarquía, co xenro do rei de merda ata o pescozo, e coa súa compañeira e o propio monarca asubiando e facéndose o toliño para disimular a súa culpabilidade.
Ao mesmo tempo o Partido Popular que sustenta ao presidente do goberno está metido en tantos procesos xudiciais contra a propia entidade e os seus cargos políticos que deberían englobar Gürtel, Bárcenas, Matas, Urdangarín e algún outro máis, nun macro proceso que se debería chamar “caso PP”.
Aínda por riba o PSOE non pode nin tusir porque do esforzo seguro que ten que cambiarse a roupa interior salpicada dos numerosos ERES irregulares que se produciron na Xunta de Andalucía.
E a menor escala todas as formacións políticas que conseguiron colocar cargos en postos de responsabilidade nas distintas administracións teñen algún que outro expediente nos xulgados.
Pero aquí non se move ninguén. Nin o rei quérese baixar do seu trono, nin os políticos queren que se xulgue a ninguén porque todos en maior ou menor medida están pringados. Si cae un, caen todos. Ata Bárcenas ten problemas para tirar da manta, o cal é lóxico porque debaixo desa manta hai moitos e tiran con forza para non quedarse co cu ao aire.
E en todo este caos hai unha persoa con paciencia e cautela que sabe que ten que facer pouco ruído para conseguir os seus propósitos. Non, non Esperanza Aguirre, aínda que como boa arpía sabe pescar en río revolto. Trátase de Felipe de Borbón, o que será o último rei de España.
Ocórrelleme que o aspirante ao trono podería xogar as súas cartas dunha forma que lle enxalzaría por encima ata dos niveis de popularidade campechana da súa progenitor e dese modo asegurarse unas cantas décadas de reinado.
Vale que son republicano e que isto sería dar pistas ao inimigo, pero do mesmo xeito que aborrezco a monarquía, son consciente de que España aínda non está preparada para camiñar como unha República Federal, a dereita inflaríase a pegar tiros e a maioría claudicaría por medo a ficar nunha conta como un can sen dono.
A manobra que podería realizar a monarquía debería ter unha boa sincronización. O rei debería abdicar para que se poida condenar a Urdangarín e deste xeito o mocetón, xa divorciado, pase uns anos no cárcere e logo emigre de España a un lugar afastado ao do plácido destierro do seu exmujer. Deste xeito Felipe quedaría libre de toda mancha na súa familia, o pai gagá sería perdoado e todos os sospeitosos da familia lonxe do trono.
Ao mesmo tempo ao condenar a Urdangarín, abriríase a veda para condenar a todos os altos cargos políticos que estean manchados, do presidente do goberno para abaixo. A sociedade agradecería a purga, enxalzando ao novo monarca. Tirando do fío de Urdangarín-Gürtel-Bárcenas pódese meter no cárcere ata as lagartixas que teño no Souto da escultura.
Unha nova xeración de políticos e algún partido político novos entrarían en liza e como aínda non alcanzaron poder, nin creado a súa rede de favores, habería uns anos de aparente honradez. Comezaría o século XXI en con década e media de atraso, pero a iso estamos afeitos, no mundo están firmemente convencidos que os españois somos uns atrasados que só servimos para tomar “unha relaxing cup of café con leite”
No cárcere habería ducias de políticos e banqueiros de éra da transición, que serían indultados na seguinte lexislatura, cunha inhabilitación para sempre. E que non devolverían o diñeiro roubado. Si non o devolveu nin O Dioni, menos o van a devolver estes que son ladróns profesionais.
O mal menor sería que a monarquía seguiría unha xeración máis, pero merece a pena a dor con tal de ver no cárcere a tanto déspota prepotente que nos rouba co descaro do que sabe que nunca pagará polos seus delitos.
Otero Regal


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



