José Ramón Gómez Besteiro, candidato á secretaría xeral do PSdeG, realizará este varias visitas a militantes pola provincia da Coruña e pola tarde manterá, entre outros encontros, un con emprendedores e autónomos. O socialista referiuse ás cifras do paro coñecidas hoxe, que presentan unha lixeira mellora aínda que son peores que hai un ano e segue a caer a afiliación á Seguridade Social. Máis aló disto, advirte de que “non hai que desviar o obxectivo, e tan importante como as cifras inmediatas do paro é sentar as bases para un emprego de calidade no futuro, no que se garantan os dereitos do traballador”, así como “cambiar o concepto de produtividade para asumir verdadeiras políticas de choque contra o desemprego centradas na inclusión da xuventude e contra a precariedade laboral”.
Besteiro lembra que, por exemplo, nos datos do mes de xullo o 94,3% dos contratos en Galicia foron temporais, ou que máis do 22% das mulleres só atopan traballos a tempo parcial na nosa comunidade. Así mesmo, incide nun problema: o 90% das empresas galegas non superan os 5 traballadores asalariados. É máis, o 60% das empresas galegas non ten asalariados, e só 194 empresas -o 0,1%- en Galicia teñen máis de 250 empregados.
“Coa crise todos tomamos conciencia do despilfarro en moitas cousas, pero obviamos o máis grave de todo: que a nosa economía está a producir traballadores sen traballo. Ante este tipo de situacións, eu négome a ser un mero receptor da impotencia que xenera a dereita”, afirma Besteiro. É por iso que o socialista chama á necesidade de “preponderar as pemes e autónomos para reactivar o tecido empresarial superando a baixa tasa de creación de empresas que hai, e o baixo espíritu emprendedor”. Ademais, para aumentar o tamaño das empresas “hai que apostar de verdade pola internacionalización”. Como dato, Besteiro destaca que a produtividade galega, o que mide a eficiencia, “está 10 puntos por debaixo da media española, e isto xenera un problema de competitividade” no exterior. “A economía mirando cara fóra non está xeralizada”, di Besteiro. As empresas exportadoras regulares rondan só as 2.000 en Galicia, das que unhas 1.200 están en Pontevedra; 600 na Coruña; 181 en Lugo e o resto -200 aproximadamente- en Ourense.
“Coa crise, a dereita preocúpase da maquillaxe inmediata e esquece os plans a longo prazo”, lamenta o socialista. Consolidar os dereitos do traballador autónomo, das empresas innovadoras e da economía sostible, ofrecer bonificacións fiscais, garantir o acceso ao crédito, fomentar o cooperativismo ou potenciar o estímulo fiscal aos inversores de proximidade son algunas das ideas que, segundo Gómez Besteiro, deben estar no proxecto socialista. Asimesmo, para “garantir o acceso ao financiamento é necesaria unha implicación e compromiso real do sector público para apostar polas empresas, creando mecanismos públicos de crédito”. No referente ao papel das empresas públicas, o socialista critica que “más que xogar un papel dinamizador da economía en xeral, limítanse a favorecer a sectores determinados en base a proxectos concretos”.
Outro dos problemas é que “en Galicia tamén investimos en innovación por debaixo da media española, e iso deriva en menos investigadores, menos laboratorios e menos patentes”. Por outra banda, a especialización en comercio e servizos “fai que abunden sectores nos que é moi complicado aumentar a produtividade ou xerar valor engadido”.
Gómez Besteiro lembra que en España o crecemento está moi relacionado co emprego, algo que non ocorre en tal medida noutros países do entorno europeo “por iso son necesarios estímulos”. O socialista apunta que en Galicia “un punto esencial para garantir unha economía sostible é o desenvolvemento da economía rural da agricultura, a gandeiría e a pesca. “Ademais son actividades que fixan a poboación ao territorio, e son moi difíciles de deslocalizar”, destaca. Tamén pon como exemplo de nicho de oportunidades laborais “a dependencia”, xa que “a realidade galega tira cifras escalofriantes de envellecemento e, en consecuencia, de potenciais usuarios dun servizo mermado polas políticas da dereita”.
Emprego de calidade
Para Besteiro, o emprego de calidade no que se debe pensar cara o futuro é o que logre “facer conciliar a vida laboral e familiar”, no camiño de “limitar, por exemplo, os abusos cos empregados que teñen contrato a tempo parcial pero na práctica traballan moitas máis horas, o dereito individual a solicitar a adaptación da duración e xornada laboral recollida no convenio colectivo, os dereitos de maternidade ou e eliminación da dobre contribución con que se penaliza a as persoas que traballan a tempo parcial”.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



