A Asociación Mujeres En Igualdad Burela (Bumei), inaugurou este martes un Curso de Pintura impartido por: Rosana Míguez Lopez, Diplomada en Conservación e Restauración de Bens Culturais e Licenciada en Belas Artes. O curso impartirase os martes de 18:00 a 20.00 horas e as persoas que desexen anotarse poden facelo chamando ao teléfono: 606 593 700. Mary Fraga, presidenta desta asociación, desexa agradecer ao Concello de Burela por ter en conta á asociación á hora da súa programación conxunta dos cursos de Bailes de Romaría e o próximo taller de Risoterapia que terá lugar proximamente. Así mesmo, desexamos comunicar, que a partir do vindeiro día 16 deste mes, o horario do noso local no que se ubican: a despensa de alimentos, o roupeiro, o banco bebé, banco maiores e o banco de libros, pasará a ser de luns a xoves en horario de 17:00 a 20:00 horas. Por outra parte, queremos comunicar ás persoas interesadas, que temos participacións do número 79.157 do Sorteo Extraordinario de Navidad que se celebrará o día 22 de decembro de 2013. As persoas interesadas en adquirir lotería, poden chamar ao teléfono: 606 593 700 ou achegarse ao propio local da asociación.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



