O ilusionante Burela FS Pescados Rubén non puido brindarlle a vitoria ao público laranxa no seu estreo da liga 2013-14 en Vista Alegre. Os mariñáns bateron contra o muro do xogo agresivo e contundente dun CD Xota Navarra, ao que o acerto na finalización lle outorgou os tres puntos da segunda xornada de Primeira División tras o axustado pero decisivo 1-2 final.
Os pupilos de Juanlu tiveron que afanarse en bloquear os ataques do Xota nos minutos iniciais, debido a certas imprecisións lóxicas do comezo de competición. Nos dous primeiros minutos de xogo, os navarros xa intentaron sorprender por partida tripla a Edu; a máis clara foi de Eseverri nun control só ante o naronés que saíu moi desviado. Con todo, as filas mariñás non tardaron en atopar temperanza. A primeira ocasión laranxa estivo nas zapatillas de Matamoros ao pau, a piques de cumprirse o minuto 3. Coa entrada das rotacións, o conxunto visitante intentou desequilibrar a defensa do Burela FS, pero aí estaba Edu, sempre oportuno, para desbaratar calquera tentativa. Chegando ao minuto 12, Vista Alegre aplaudiu un disparo de Antoñito, que interceptou Rafa Usín co corpo na liña de meta, con gran polémica desde a bancada; tamén o intentou Juanma de lonxe antes de que o propio Usín puxese en perigo a meta galega cun balón envelenadísimo que conseguiu sacar finalmente Antoñito. Neste duelo de forzas nas acometidas laranxas e navarras, saíu victorioso o Xota, cun canonazo de novo de Rafa Usín, aproveitando un saque de esquina para subir o 0-1 ao electrónico no minuto 15. Non se amilanaron os burelistas, que pelexaron con uñas e dentes polo empate. A tentantiva entre Mimi e David, que se quedou un pouco atrás, e de Mata de lonxe eran o aviso do que Isi materializou no 1-1 desde saque de esquina de David, a pouco máis de dous minutos para finalizar a primeira parte. Nos últimos segundos antes do descanso ambas as escuadras puideron tomar a iniciativa no resultado provisional. Primeiro os mariñáns, coa bandeira de Matamaros a 26 segundos, que superou a Asier nun control que se lle escapou; a tan só cinco segundos para marcharse ao vestuario o asedio navarro desinflouse ante Edu, que volveu estar sublime.
Os compases iniciais do segundo período mantiveron a tónica reinante ata o momento con tentativa primeiro laranxa e despois navarra aínda que con desenlaces ben distintos. Burrito tenteou a meta de Asier nun lanzamento que se topou co pau. Quen si conseguiu superar a liña de meta foi Jesulito, que adiantou os visitantes no minuto 22 aproveitando o rexeitamento do disparo de Roberto Martil. A partir de aí o encontro adquiriu tintes de guerra, cun Xota moi agresivo, que intentou beneficiarse en galopada á contra. As ocasións máis claras para os burelistas protagonizáronas Hugo, rozando o ecuador, de lonxe, e David, en colaboración con Mata, pouco despois obstaculizado por Asier. Tras a potente embestida de Martil (minuto 33), que conseguiu frear Edu, moi acertado durante todo o encontro, Matamoros tivo o empate no 35, nun mísil escorado que chocou na escuadra. Os de Juanlu optaron polo xogo de cinco, con Christian, faltando case catro minutos para o final sen fortuna cara ao gol.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Isi, David, Hugo e Matamoros, no cinco inicial; tamén xogaron Antoñito, Juanma, Mimi, Iago Míguez, Christian
CD Xota Navarra: Asier, Eseverri, Jesulito, Roberto Martil y Carlitos, no cinco inicial; tamén xogaron Tolrá, Rafa Usín, Íñigo, Dani Saldise, Joni, Víctor Arévalo
Goles: 0-1, minuto 15, Rafa Usín; 1-1, minuto 17, Isi; 1-2, minuto 22, Jesulito
Árbitros: Del Pozo García e López Jiménez, do colegio madrileño
Tarxetas: Do Xota amarelas para Jesulito (minuto 24), Íñigo (minuto 28)
Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada de Primeira División LNFS, emitido por Energy TV. Arredor de 1000 espectadores.


















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
