Cervo, 23 de setembro de 2013-O pleno da corporación do mes de setembro (xoves 26, 20:00 horas) abordará os trámites do Concello de Cervo para solicitar a propiedade da Casa do Mar de San Cibrao. En concreto, o trámite consiste en pedir á Dirección Xeral de Costas a desafectación do dominio público terrestre dos terreos onde se atopa a Casa do Mar e o parque de Reina Sofía, en San Cibrao. Con esta xestión, a administración local pretende facerse coa propiedade do edificio, o que permitiría dispoñer del para un mellor uso e aproveitamento. O traslado do Punto de Atención á Infancia é un dos principais obxectivos, aínda que tamén utilizar as instalacións para ofrecer servizos e actividades.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e técnicos do Concello reunírase hai dous meses co subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo así como con representantes do Instituto Social de la Marina, da Tesourería Xeral da Seguridade Social e do Servizo Provincial de Costas. Naquela xuntanza tratouse de buscar unha solución para que o Concello puidese utilizar de forma habitual a Casa do Mar e acordouse que a mellor maneira era solicitando a súa desafectación do dominio público marítimo terrestre.
Un trámite “complexo e lento” tal e como xa anunciara naquel momento o rexedor, pero que “é a única solución definitiva para a Casa do Mar” xa que ao remate do proceso o Concello sería o propietaria do inmoble a través da cesión gratuíta. Despois daquela reunión, a administración cervense comezara a elaborar o expediente para enviar a Costas e desta forma iniciar os trámites canto antes. Así, o paso seguinte é a aprobación da solicitude de desafectación polo pleno, o que permitirá seguir adiante coas xestións.
Villares explicou que a actual situación “retrasa e complica calquera obra ou uso que se lle quere dar á Casa do Mar” e engade que a desafectación sería a única forma de garantir ao Concello a “liberdade para aproveitar ao cen por cen este inmoble de forma que se poidan beneficiar del todos os veciños”.
O mandatario cervense tamén lembrou que a Tesourería Xeral da Seguridade Social lle ofrecera ao Concello pagar un aluguer pola Casa do Mar, opción rexeitada pola administración local porque “supoñía un elevado custo para as arcas municipais e ademais non solucionaba o problema de forma definitiva”. Tamén cabe destacar que a Casa do Mar quedara sen uso no 2008 e dende entón o Concello estivera enviando escritos á Tesourería Xeral da Seguridade Social en Lugo, documentos que nunca chegaran a tramitarse na sede central en Madrid. Foi co cambio de responsables na TXSS no 2012 cando se desbloqueou o proceso.




















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



