Riotorto, 25 de setembro de 2013.- O presidente do PP de Riotorto, Clemente Iglesias, deu conta este mércores, que foron as xestións dos populares, as que lograron que dez produtores de faba de Riotorto, poidan vender este ano a súa colleita no mercado local de Lourenzá.
“Hoxe expedíuselle o carné de fabeiros aos dez produtores que presentaron o escrito; o que dá lugar a que a partires de agora poidan acudir ao mercado laurentino sen ningunha restrición”- anunciou Clemente Iglesias.
O popular puxo de manifesto que tendo en conta que ao longo dos últimos dous anos (2011-2012), os produtores de Riotorto non puideron vender as fabas en Lourenzá porque non estaban incluídos na área de influencia da IXP Faba de Lourenzá, malia a ter as mesmas características que as laurentinas, os populares consideraron que tiñan que comercializarse neste mercado, polo que o seu grupo comezou a facer xestións para que esto fose unha realidade.
Clemente Iglesias afirmou que as xestións entre os populares deste concello coa rexedora laurentina e coa presidenta en funcións do Consello Regulador da IXP da faba de Lourenzá, as que lograron que os produtores riotortenses desta legume poidan vender agora os seus produtos no vindeiro mercado laurentino.
Neste senso, dende o PP de Riotorto agradeceron a axuda realizada por Maria Carmen Seijo Otero (presidenta en funcións do consello da IXP faba de Lourenza) e da alcaldesa de Lourenza, Emma Álvarez, por aceptar a solicitude dos populares e poñer así en valor a faba dos produtores do seu concello.
CRITICAS A PASIVIDADE DO BIPARTITO
Por outra banda, Clemente Iglesias criticou a pasividade do bipartito de Riotorto posto que “demostrou claramente que non lle preocupan os veciños, tanto como si venden o produto a un prezo considerable coma si o regalan os intermediarios e dixo non entender como o rexedor, que é o promotor dos mercados estacionais de produtos ecolóxicos, que se fan cada tres meses na localidade, non desenvolvese ningunha xestión sobre este tema.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



