Ribadeo, 11 de setembro de 2013. Concello e Xunta investirán 110.000 euros na reforma da metade da rúa Ramón González, segundo deu a coñecer este mediodía o alcalde, Fernando Suárez, quen explicou que debido aos retrasos do goberno galego en comunicalo o Concello deberá axilizar agora os trámites para licitar e contratar estas obras canto antes.
O rexedor sinalou que “continuamos con esta idea e con esta política que levamos adiante nestes últimos anos convertendo a Ribadeo nun lugar agradable para vivir, para comprar e para pasear. Aquí se foron amañando e peonalizando unha serie de rúas, de espazos públicos e de avenidas. E agora, sabendo da dificultade económica que temos, pero a pesares diso queriamos continuar con outra das rúas, emblemática desde o punto de vista comercial, que é Ramón González”.
Suárez Barcia indicou que “o que pasa é que atendendo a estas subvencións que a Xunta ven dando e como rebaixou enormemente os presupostos globais de financiamento, decidimos presentar só un proxecto para a metade da rúa para esta anualidade e de cara ao ano seguinte plantexariamos a outra metade restante”.
O alcalde de Ribadeo dixo que “entre a Xunta e o Concello financiaremos uns 110.000 euros, que é o que custa a metade da reforma da rúa Ramón González, e dado que a Xunta o comunicou demasiado tarde teremos desde o Concello que axilizar os trámites de licitación e contratación para que esta metade da rúa sexa unha realidade o antes posible e para logo ver si o próximo ano podemos continuar ata o remate na súa confluencia coa avenida de Galicia”. E engadiu que “son as obras dunha rúa que hai tempo se podían facer todas dunha vez e agora ten que ser en dúas veces. O importante é que Ribadeo contará cunha rúa humanizada, con materiais nobres e modernos e atractiva para o comercio local, que é un dos motores económicos principais para esta vila”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



