O grupo de montaña do Club deportivo Marques de Casariego de Tapia organiza unha fin de semana en Chaves (Portugal) na que aproveitarán para realizar a ruta polo río Támega entre o sábado 5 e o domingo 6 de outubro. Trátase dunha travesía de 7 quilómetros e dificultade baixa que achegará aos participantes ás beiras do Támega. A viaxe terá un prezo de 55 euros; aínda que os socios deberán pagar 40 e os colaboradores só 30 euros. Os interesados poden inscribirse ata este martes 1 de outubro nos teléfonos: 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Rafa) e 608 540 828 (Eva).
De ruta polo río Támega en Chaves
De ruta polo río Támega en Chaves
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia